Actualidade

Cinema

Taller sobre memoria colonial coa investigadora filipina Anna de Guia-Eriksson

O xoves 26 de setembro ás 18:30h NUMAX acolle un taller que inclúe a proxección de dous filmes sobre a memoria colonial en Filipinas e un coloquio posterior co público da sala. A sesión será filmada e empregada como material de estudo e divulgación por parte da investigadora Anna de Guia-Eriksson, promotora da actividade. A entrada é gratuíta até completar aforo, con reserva de praza no correo [email protected].

Ver máis

Libraría

A Libraría NUMAX participará no simposio «O libro e a lectura» organizado pola Asociación Galega de Editoras

O simposio O libro e a lectura organizado pola Asociación Galega de Editoras celebrará na mañá do mércores 18 de setembro na Biblioteca do Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela) un encontro de análise e diagnose do libro galego nas librarías de Galicia, e que contará con representación da Federación de Librarías de Galicia, de Euskadi e de Catalunya.

Ver máis