
A Libraría NUMAX acollerá o venres 29 de setembro ás 20:30h a presentación do poemario «Estar con otro» de Carlos Catena, editado por Pre-Textos Poesia. O autor estará acompañado pola poeta Olalla Cociña. A entrada é libre ata completar aforo.
Libraría NUMAX naceu en 2015 con vocación de ofrecer unha escolla orixinal e diversa de libros e converterse en lugar de encontro entre o público e os distintos axentes culturais implicados no mundo do libro. Viñemos para sumar e, así, enriquecer o mapa de librarías da cidade. Coñece máis sobre a libraría