Tideland
Hoxe 14 ás 22:30
Jeliza-Rose es una niña que vive con sus padres, ambos drogodependientes. Tras la muerte de su madre, marcha con su padre, Noah, a una vieja casa de campo donde él fallece poco después. Ler máis
En 1832, o oficial italiano Angelo Pardi foxe dos axentes austríacos e chega á Provenza, devastada por unha epidemia de cólera. Acusado inxustamente de envelenar unha fonte, consegue escapar e coñece a Pauline de Théus, unha aristócrata que atravesa a rexión na procura do seu home. Ler máis
Este documental recupera o legado de José María Forqué a través da súa propia voz e dos testemuños de actores e cineastas que o coñeceron. Un percorrido polo cinema popular español, desde os éxitos dos anos cincuenta e o recoñecemento internacional acadado co Oso de Prata en Berlín ata a súa consagración como mestre da comedia e da televisión. Ler máis
En 2017, Rafael Nahuel, un mozo mapuche, foi asasinado pola Prefectura Naval arxentina na Patagonia. A partir de documentos xudiciais e arquivos oficiais, Sofía Bordenave relaciona o crime coa historia de violencia estatal e desposuimento territorial do pobo mapuche, desde a chamada Conquista do Deserto, no século XIX. O bosque convértese así en testemuña da violencia e espazo de resistencia fronte aos relatos oficiais. Ler máis
Nunha pequena localidade rural de Vermont aparece o cadáver de Harry, un home cuxa morte parece implicar a varios veciños. Cada un deles teme ser responsable do sucedido, pero ninguén parece demasiado interesado en avisar a policía. Ler máis
Nunha comunidade rural de Idaho nos anos cincuenta, Seth Dove, un neno de oito anos fascinado polas historias de vampiros, vive nun ambiente familiar marcado pola violencia e o medo. Cando varios nenos desaparecen en circunstancias misteriosas, Seth comeza a sospeitar que Dolphin Blue, unha viúva solitaria que vive preto da súa casa, é unha vampira. Ler máis
O que comeza como un caderno de recordos familiares convértese nunha investigación sobre a memoria histórica. Cando a cineasta lle propón á súa avoa escribir as súas lembranzas, descobre que esta fora encarcerada cando era un bebé, xunto cos seus pais, no Vello Cárcere de Lugo durante a Guerra Civil. Ler máis
Béatrice Courte, unha académica francesa que investiga as teorías históricas da memoria, descobre o caso dun monxe beneditino que afirmaba ter inventado un dispositivo capaz de reproducir imaxes de calquera momento do pasado, incluída a crucifixión de Cristo. Ler máis
A fiscal Seyo Kim decide combater a violencia da extrema dereita no leste de Alemaña. Cando ela mesma sofre un ataque racista do que consegue sobrevivir, comeza a investigar pola súa conta, desobedecendo as ordes dos seus superiores e poñendo en risco a súa vida. Ler máis
Unha familia negra brasileira da cidade de Belo Horizonte tenta reconstruír o seu fogar tras unha perda recente. Incapaces de expresar o que senten, a nai e os seus fillos refúxianse nas súas rutinas individuais para fuxir do dó. Ler máis
Nun universo vibrante e impregnado de cultura pop, un internado xaponés forma adolescentes para converterse en sereas profesionais. Akame, de 17 anos, aprende a conter a respiración, actuar ante multitudes entregadas e nadar entre quenllas. Baixo a súa cola de serea de silicona, descubrirá a súa voz, vivirá o primeiro amor e experimentará unha metamorfose. Ler máis
A través dun amplo arquivo familiar, con imaxes domésticas e materiais inéditos, Cecilia Díaz Betz reconstrúe a traxectoria vital e artística dos seus avós, Isaac Díaz Pardo e Mimina Arias de Castro, figuras fundamentais da cultura galega contemporánea e impulsores do Laboratorio de Formas e de Sargadelos. Ler máis
Nun futuro próximo, durante unhas vacacións de verán interminables e ante a inminente chegada dunha eclipse solar, Bego, de 12 anos, loita por atopar o seu lugar na familia e entre as rapazas da súa idade. Mentres a lúa «eclipsa» os animais e as persoas que a rodean, Bego coñece a REN_, unha amiga virtual que a introduce no shifting, unha práctica coa que as adolescentes cren que poden acceder a outras realidades a través dos soños lúcidos. Ler máis
Autor dunha obra insólita e profundamente persoal, Edgar Neville caeu parcialmente no esquecemento tras a súa morte. Co paso do tempo, a súa figura e a súa filmografía foron recuperadas e recoñecidas, ata converterse nunha referencia fundamental do cinema español do século XX. Ler máis
A partir dunha revisión exhaustiva dos documentos que deixou Jorge Luis Borges, dos libros que leu e dos lugares que percorreu, Mariano Llinás emprende unha investigación para descifrar a vida do escritor arxentino. Ler máis
A historia do flamenco está intimamente ligada á modernidade e ao nacemento das máquinas. Ler máis
A inicios do século XVII, un misterioso soldado chega a unha illada vila protestante de Alemaña afirmando ser o herdeiro dunha granxa abandonada. Ler máis
Logo de anos de secuelas descoidadas e un público a cada volta máis esquivo, a franquía slasher de Camp Miasma ponse en mans dunha moza e entusiasta directa disposta a resucitala. Porén, cando esta visita a estrela do filme orixinal —unha actriz agora recluida e envolta no misterio—, ambas mulleres son arrastradas a un sanguento mundo de desexo, medo e delirio. Ler máis
Christophe, un mozo de 11 anos, intenta seguir os pasos do seu pai axudando na granxa familiar na que viven. Pero todo cambia o día que ten que levar un corpiño metálico por prescrición médica. Ler máis
Esta viaxe cinematográfica adéntrase no mundo íntimo de Yasujiro Ozu a partir dos seus diarios, cadernos de guerra, cartas, entrevistas e filmacións inéditas. Coas súas propias palabras, o filme mostra como transformou perdas e traumas e obras perdurables. Ler máis
Xapón, anos 50. Coma todos os días, os membros dunha familia dispóñense a afrontar os seus problemas, soños e realidades. Ler máis
Anna, Georg e o seu fillo Georgie van pasar as vacacións á súa fermosa casa ás beiras dun lago. Os seus veciños Fred e Eva chegaron antes ca eles. As dúas parellas quedan para xogar ao golf ao día seguinte. Mentres pai e fillo preparan o veleiro, Anna prepara a cea. Peter, un mozo moi educado que se aloxa na casa dos veciños, preséntase pedir que lle presten uns ovos. Ler máis
Misael traballa só. Armado co seu machado, tala árbores no bosque. Unha responsabilidade inesperada trastoca a súa vida e o ritmo dos seus días vaise disolvendo aos poucos nun deserto onde a razón humana xa non ten sentido. Ler máis
Adrián embárcase ao Gran Sol no barco onde seu pai navegou durante máis de trinta anos. Busca entender o silencio e a distancia que os marcou. No medio do mar, entre rutinas e ondas, encontra o momento para achegarse. E á fin, atrévese a dicir o que sempre calou: Quérote. Ler máis
O mundo de excesos de Peter envorca cando unha descoñecida aparece na súa porta cun neno de dez anos. Ler máis
Hai persoas que pasan toda a súa vida na mesma casa, a casa natal onde descansa o pasado familiar. Benigno, aos seus oitenta e oito anos aínda dorme, come e soña no fogar que o viu nacer. Ler máis
En 1949, un escritor alemán e a súa filla emprenden unha viaxe a través dunha Alemaña en ruinas. Ler máis
Na árida illa de Fuertevendura, Miguel e a súa filla Mariana tentan seguir adiante tras a morte da súa muller, unha perda que os deixou á deriva. A loita canaria é o seu refuxio, o seu xeito de facerse un lugar no mundo. Pero o corpo de Miguel empeza a fallar e a carraxe empurra a Mariana a desafiar as normas. Ler máis
Ana Kiro, a icona da diáspora galega, e o poder emocional da "música lixeira" nunha cultura minorizada e marcaga pola emigración. Ler máis
Derya e Aziz, unha célebre parella de artistas de Ankara, levan unha vida plena coa súa filla de 13 anos, Ezgi, até que un incidente na estrea da súa nova obra muda todo. Da noite á mañá, vense na mira do Estado turco e perden os seus traballos e o seu fogar. Ler máis
A película conta a historia de Landi e Mercedes, un matrimonio maior que permanece nas ciénagas de Zapata, a zona con condicións de vida máis dura de Cuba. Ler máis
Tras doce anos afastada das pantallas, unha célebre actriz coreana regresa ao cinema animada pola súa filla. Con motivo da estrea do seu vindeiro filme, dirixido por un cineasta independente, tres xornalistas reúnense con ela para falar da súa carreira e da súa vida persoal. Ler máis
Unha exploración das emocións, medos e relacións contemporáneas que se inspira libremente na colección de relatos «Hungry Heart» («Lev Raev»), do escritor Eshkol Nevo. Ler máis
34 días antes de entrar en prisión por fraude, Elizabeth Holmes, a célebre fundadora da empresa tecnolóxica de análise de sangue Theranos, convida un equipo de rodaxe a documentar cada un dos seus movementos. O que comeza como un retrato íntimo convértese nunha alucinante viaxe de tres anos. Ler máis
A Primeira Guerra Mundial prolóngase e Pierre, un soldado que acaba de chegar á fronte, está impaciente por demostrar a súa valía. Na fronte, coñece a Francis, que decide levantar o ánimos dos seus compañeiros montando un espectáculo teatral. Ler máis
Rusia, 2022. Gleb, un exitoso home de negocios, vese acurralado polas crecentes presións empresariais e por un mundo a cada volta máis inestable. A súa vida, tan coidadosamente ordeada, ameazada con virse abaixo a arrastralo ao colapso emocional e moral. Ler máis
Os Gheorgiu, unha parella romanés-norueguesa moi relixiosa, instálanse nunha vila situada nun remoto fiordo, onde entablan unha estreita relación cos seus veciños, os Halberg. Os seus fillos fanse amigos a pesar das diferenzas na súa educación. Ler máis
Alxeria, xuño de 1955. Khadidja deixa Cabilia para reunirse co seu irmán maior, Malek, en Alxer. Despois dunha pelexa no mercado, a policía arréstao e Khadidja atópase soa. Ler máis
Josephine, unha nena de oito anos interpretada pola revelación Mason Reeves, presencia unha agresión sexual e descobre de golpe que o mundo pode ser un lugar ameazante. Ler máis
Como directora dunha residencia de anciáns, Marie-Lou esfórzarse por implementar unha filosofía de atención anovadora baseada en escoitar e respectar a dignidade dos residentes, a pesar da resistencia dalgúns membros do seu persoal. Ler máis
Tras o fracaso da súa última relación amorosa, Amy (Kate O'Flynn) volve vivir coa súa alegre mellor amiga e traballadora de servizos sociais, Rosie. Mentres ambas acompañan persoas vulnerables, Amy afronta tamén a fraxilidade dos seus pais, xa maiores. Ler máis
Marie, unha serventa e empregada doméstica, está a piques de casar con Christian, o viúvo maior e adiñeirado para o que traballa. Pero Marie garda un segredo. Durante a Segunda Guerra Mundial mantivo unha relación íntima cun soldado alemán. Agora, o pasado de Marie ameaza con alcanzala. Ler máis
Carla acaba de incorporarse ao departamento de Recursos Humanos dunha gran compañía de seguros coa misión de recuperar a confianza dos empregados. Pero as esixencias do seu xefe e da empresa rapidamente chocan con ese obxectivo e obrígana a tomar decisións cada vez máis difíciles. Ler máis
Tras anos de ausencia, Ana regresa á súa aldea debido á morte de seu pai. A súa intención é marchar despois do funeral, pero sente a necesidade de ficar, impulsada pola intención dunha compañía eléctrica de instalar un parque eólico que divide os veciños e afecta as terras da súa familia. Ler máis
En setembro de 1940, na Francia ocupada instáurase o réxime de Pétain, o goberno colaboracionista coa Alemaña nazi. Henri Marre, de 49 años, chega a Vichy sen un can, sen contactos, lonxe da súa esposa e fillos. Ler máis
Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.
Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.
Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.