European Award Season

En carteleira

Ver a programación
Pase único 26 de novembro

Funny Games

Michael Haneke

Anna, Georg e o seu fillo Georgie van pasar as vacacións á súa fermosa casa ás beiras dun lago. Os seus veciños Fred e Eva chegaron antes ca eles. As dúas parellas quedan para xogar ao golf ao día seguinte. Mentres pai e fillo preparan o veleiro, Anna prepara a cea. Peter, un mozo moi educado que se aloxa na casa dos veciños, preséntase pedir que lle presten uns ovos. Ler máis

Filmes xa programados

Persona

Ingmar Bergman

Elisabeth, unha célebre actriz de teatro, é hospitalizada tras perder a voz durante unha representación de Electra. Despois de ser sometida a unha serie de probas, o diagnóstico é bo mais como segue sen falar debe ficar na clínica. Ler máis

A quimera

Alice Rohrwacher

Inesperado zahorí, Arthur ten o don de localizar ocos baixo a terra. Un atributo que o converte no perfecto buscador de tesouros na rexión italiana que alberga as ruínas da civilización etrusca. Aínda que o que Arthur anhelaría reencontrar, a quimera que o guía, é a Beniamina, o seu amor perdido. Ler máis

Europa '51

Roberto Rossellini

Un rico matrimonio estadounidense que leva en Roma unha vida despreocupada, ve como o seu fillo se suicida. A nai, traumatizada e sentíndose culpable por non ter atendido máis o seu fillo desde a infancia, decide axudar a xente máis necesitada nos barrios máis humildes da cidade. Porén, a súa axuda a un ladrón vaina poñer baixo sospeita a ollos da policía. Ler máis