Cinema

En carteleira

Ver todos os filmes

Autumn Leaves / Follas de outono

Robert Aldrich

Milly Wetherby é unha muller solitaria que dedicou boa parte da súa vida ao coidado do seu pai. Cando coñece a Burt Hanson, un home bastante máis novo ca ela, cre atopar por fin o amor e a oportunidade de comezar unha nova vida. Porén, tras o matrimonio, a aparición de Virginia, a primeira muller de Burt, e a revelación de segredos do pasado poñen en perigo a felicidade da parella. Ler máis

Cineuropa 2026

Vertigo / Vertixe

Alfred Hitchcock

Scottie Ferguson, un antigo detective da policía de San Francisco que sofre vertixe e medo ás alturas, acepta o encargo dun vello amigo para seguir a súa esposa, Madeleine, cuxo comportamento estraño parece estar relacionado cunha muller morta hai moitos anos. Fascinado por ela, Scottie mergúllase nunha investigación que se transforma nunha obsesión, na que se confunden a memoria, o desexo e a identidade. Ler máis

Cineuropa 2026

Lodeiro

Alex Penabade, David Hernández

Treinta años después de su muerte, el documental recupera la figura de Xosé Lodeiro, uno de los pintores más singulares del arte gallego contemporáneo. A través de testimonios de su familia, de artistas, críticos, comisarios y coleccionistas, el film recorre las distintas etapas de su obra y su evolución creativa, al tiempo que se acerca a la personalidad del artista Ler máis

Cineuropa 2026

L'enfer / Hell / O inferno

Claude Chabrol

Nelly e Paul son unha parella feliz. Mentres el dirixe o fermoso hotel que acaba de mercar no campo, á beira dun lago, ela coida do fillo de ambos. Porén, os celos de Paul comezan a medrar ata converterse nunha obsesión que o leva a vixiar cada movemento da súa muller e a interpretar calquera xesto como unha proba de infidelidade. Ler máis

Cineuropa 2026

Crías

Xiana do Teixeiro

Durante anos, Xiana do Teixeiro reuniu diarios de adolescencia de centos de mulleres, configurando un arquivo que reivindica unha escrita historicamente marxinada. Os relatos que se percibían como únicos revelan, ao poñerse en común, estruturas afectivas e narrativas construídas socialmente. Ler máis

Cineuropa 2026

Sid and Nancy / Sid e Nancy

Alex Cox

A película retrata a turbulenta relación entre Sid Vicious, baixista dos Sex Pistols, e Nancy Spungen, unha moza estadounidense coa que inicia unha relación marcada pola dependencia emocional, as drogas e a autodestrución. Mentres a banda punk acada notoriedade, a parella afúndese nunha espiral de excesos e conflitos que os afasta cada vez máis da realidade. Ler máis

Cineuropa 2026

Ver máis

Liñas de programación

Estrea

Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.

Repertorio

Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.

Os ollos verdes

Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.

Ler máis