Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • VOSE
    • 140 minutos
    • Repertorio

    Happiness

    Todd Solondz

    As vidas de tres irmás e das persoas que as rodean entrecrúzanse nun suburbio de Nova Jersey no que a aparencia de normalidade agocha frustracións, desexos e segredos perturbadores. Joy, Helen e Trish buscan, cada unha á súa maneira, unha felicidade que semella sempre fóra do seu alcance.

    • Cinema
    • VO
    • 92 minutos
    • Repertorio

    El muerto y ser feliz

    Javier Rebollo

    Santos, un vello sicario español que leva media vida en Arxentina, descobre que está a piques de morrer e abandona o hospital cunha provisión de morfina. Comeza entón unha viaxe cara ao norte atravesando todo o país nunha especie de tranquila peregrinación na que coñece unha muller que se converte na súa compañeira de estrada.

    • Cinema
    • VOSE
    • 120 minutos
    • Repertorio

    Tideland

    Terry Gilliam

    Jeliza-Rose es una niña que vive con sus padres, ambos drogodependientes. Tras la muerte de su madre, marcha con su padre, Noah, a una vieja casa de campo donde él fallece poco después.

    • Cinema
    • VO
    • 91 minutos
    • Repertorio

    Bosque arriba en la montaña

    Sofía Bordenave

    En 2017, Rafael Nahuel, un mozo mapuche, foi asasinado pola Prefectura Naval arxentina na Patagonia. A partir de documentos xudiciais e arquivos oficiais, Sofía Bordenave relaciona o crime coa historia de violencia estatal e desposuimento territorial do pobo mapuche, desde a chamada Conquista do Deserto, no século XIX. O bosque convértese así en testemuña da violencia e espazo de resistencia fronte aos relatos oficiais.

    • Cinema
    • VOSE
    • 99 minutos
    • Repertorio

    The Trouble with Harry / Pero... quen matou a Harry?

    Alfred Hitchcock

    Nunha pequena localidade rural de Vermont aparece o cadáver de Harry, un home cuxa morte parece implicar a varios veciños. Cada un deles teme ser responsable do sucedido, pero ninguén parece demasiado interesado en avisar a policía.

    • Cinema
    • VOSE
    • 95 minutos
    • Repertorio

    The Reflecting Skin / A pel que brilla

    Philip Ridley

    Nunha comunidade rural de Idaho nos anos cincuenta, Seth Dove, un neno de oito anos fascinado polas historias de vampiros, vive nun ambiente familiar marcado pola violencia e o medo. Cando varios nenos desaparecen en circunstancias misteriosas, Seth comeza a sospeitar que Dolphin Blue, unha viúva solitaria que vive preto da súa casa, é unha vampira.

    • Cinema
    • VOSE
    • 99 minutos
    • Repertorio

    Chronovisor

    Jack Auen, Kevin Walker

    Béatrice Courte, unha académica francesa que investiga as teorías históricas da memoria, descobre o caso dun monxe beneditino que afirmaba ter inventado un dispositivo capaz de reproducir imaxes de calquera momento do pasado, incluída a crucifixión de Cristo.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 107 minutos
    • Repertorio

    Nosso Segredo

    Grace Passô

    Unha familia negra brasileira da cidade de Belo Horizonte tenta reconstruír o seu fogar tras unha perda recente. Incapaces de expresar o que senten, a nai e os seus fillos refúxianse nas súas rutinas individuais para fuxir do dó.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 107 minutos
    • Repertorio

    Nosso Segredo

    Grace Passô

    Unha familia negra brasileira da cidade de Belo Horizonte tenta reconstruír o seu fogar tras unha perda recente. Incapaces de expresar o que senten, a nai e os seus fillos refúxianse nas súas rutinas individuais para fuxir do dó.

    • Cinema
    • VO
    • 330 minutos
    • Repertorio

    Biografía de Jorge Luis Borges

    Mariano Llinás

    A partir dunha revisión exhaustiva dos documentos que deixou Jorge Luis Borges, dos libros que leu e dos lugares que percorreu, Mariano Llinás emprende unha investigación para descifrar a vida do escritor arxentino.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.