Blanca Lacasa presenta «Atentamente» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Atentamente. El placer de la escritura cotidiana (Libros del K.O.) de Blanca Lacasa o xoves 3 de decembro ás 19:00h. A autora estará acompañada polo escritor Juan Tallón. A entrada é libre ata completar aforo.
Cada día mandamos e recibimos ducias de correos electrónicos, deixamos notiñas, facemos listas, apuntamos en cadernos… A escritura cotidiá acompáñanos. Sen embargo, seguimos pensando que a escritura «de verdade» é a outra, a dos libros.
Blanca Lacasa, autora de Las hijas horribles e El accidente, trata de emendar este descoido. Para iso rebusca no seu propio arquivo, nos escritos persoais de autores como Dickinson, Barthes, Ernaux ou Rodari e nos de personas anónimas, alumeando así unha reflexión íntima sobre como nos relacionamos coa nosa escritura.
Blanca Lacasa (Madrid, 1972) é escritora e xornalista. Colaborou en numerosos medios, sempre na sección de cultura. Nun pasado remoto tivo un grupo (Plastic d’amour). Tamén creou, dirixiu e presentou un programa de radio na extinta M-21 chamado «La flaneadora». Publicou unha decena de libros infantís, algúns deles traducidos a varios idiomas. É a autora da novela El accidente (Libros del Asteroide, 2025) e dos ensaios Las hijas horribles (2023) e Atentamente (Libros del K.O., 2026).
Fotografía: Laura C. Vela.