Duelo no val

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pase único 8 de decembro

Duelo no val

Amal, unha moza acomodada, regresa á mansión familiar nas inmediacións de Luxor despois dun tempo ausente. Alí descobre que un amigo da infancia, Ahmed, un rapaz pobre que traballa nas colleitas de azucre, está a desenvolver un método para mellorar a produción. Namoran, mentres o pai de Amal, temendo que o seu monopolio se derrube ante as pretensións de Ahmed, trama un plan criminal para arruinar os seus competidores, que desembocará en funestas consecuencias.

  • Título orixinal: Siraa Fil-Wadi
  • Ano: 1954
  • Duración: 117 minutos
  • Idioma orixinal: Árabe
  • Dirección: Youssef Chahine
  • Guión: Aly El Zorkany
  • Elenco: Faten Hamama, Omar EL Sherif, Farid Chawky, Abdel Waress Asr, Hamdy Ghiess, Zaky Rostom
  • Montaxe: Kamal Abou Al Ela
  • Dirección de arte: Maher Abdel Nour
  • Son: Niveo Orfanelli
  • Música: Fouad Al Zahry
  • Fotografía: Ahmed Khorshed
  • Produtora: Nile Cinema Company (Exipto)
  • Distribuidora: Lost&Found Films
Cannes 1954 (Sección Oficial)