Inés Mosquera presenta «upupú» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro upupú (Chan da Pólvora) o martes 30 de xuño ás 19:00h. A autora estará acompañada polos escritores e editores Antón Lopo e César Lorenzo. A entrada é libre ata completar aforo.
Upupú é a onomatopea do canto da bubela (Upupa epops), unha ave que cruza o ceo deste poemario coa forma de muller-paxaro e que acaba, precisamente, por darlle título ao conxunto. Upupú nace dunha necesidade visceral de Inés Mosquera para poñerlle palabras ao inexpresable, para cantarlle á dó, pero tamén á rebeldía e á liberación. A súa capacidade envolvente permítelle describir os trazos dunha espiral cada vez máis aberta, capaz de apreixar en cada volta novas latitudes. Trátase dun libro, segundo a autora, que esfiaña a liña de pensamento do eu poético ata case reducilo ao delirio. Unha aventura onde a palabra sobarda os seus propios ritmos para ofrecernos, coa súa crueza e emoción, o alento táctil da dor, do voo e do perfume.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Viva
VOSE
-
-
Os nenos do paraíso
VOSE
-
-
O día da revelación
VOSE