Lodeiro

  • Repertorio
  • VO
Proximamente

Lodeiro

Trinta anos despois da súa morte, o documental recupera a figura de Xosé Lodeiro, un dos pintores máis singulares da arte galega contemporánea. A través de testemuños da súa familia, de artistas, críticos, comisarios e coleccionistas, o filme percorre as distintas etapas da súa obra e a súa evolución creativa, ao tempo que se achega á personalidade do artista. Con fotografías familiares, materiais de exposicións e lembranzas de quen o coñeceu, constrúe un retrato coral que vai máis alá da súa pintura para descubrir a persoa que había detrás dela.

Alex Penabade e David Hernández son fundadores de Adarme Visual, produtora especializada na creación e produción de contidos audiovisuais.Alex Penabade traballa como realizadora, montadora e operadora de cámara, con experiencia en documentais, proxectos culturais, publicidade e fashion films. David Hernández é realizador, director de fotografía e guionista, cunha ampla traxectoria en cinema, televisión e publicidade, que compaxinou coa docencia. En 2018 dirixiu a súa primeira longametraxe de ficción, La felicidad de los perros, estreada no Festival de Xixón, onde recibiu o Premio DCP DeLuxe do Xurado Español.

  • Título orixinal: Lodeiro
  • Ano: 2026
  • Duración: 46 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Alex Penabade, David Hernández
  • Guión: Alex Penabade, David Hernández
  • Participación: Correa Corredoira, Ánxeles Penas, Ánxel Huete, Román Pereiro, Miguel Anxo Rodríguez, Carlos Bernárdez, Victoria Rodríguez, Ruth Lodeiro, Carlos Vilas
  • Montaxe: Alex Penabade
  • Fotografía: David Hernández
  • Produtora: Xosé Telmo Lodeiro