Actualidade

Libraría

Paseo literario e artístico pola natureza para presentar «Los ojos de los árboles» da poeta María do Cebreiro

A poeta María do Cebreiro presentará o próximo sábado 16 de novembro o seu libro Los ojos de los árboles, un proxecto literario desenvolvido grazas a unha bolsa Leonardo de Investigación Científica e Creación Cultural da Fundación BBVA. Tras unha breve presentación, cunha repartición gratuíta de exemplares do libro e un set de carbóns de debuxo, farase un paseo literario e artístico pola natureza—dirixido a un público diverso cunha chamada especial para o público infantil— desde a Alameda a Vista Alegre. Esta publicación conta coa colaboración co Museo de Historia Natural da USC e NUMAX, responsable da produción editorial do libro, no que tamén participou o estudio Cenlitros, a experta en botánica Elena Páez e a fotógrafa Tamara de la Fuente. Actividade de aforo limitado, require de inscrición.

Ver máis

Cinema

O Cineuropa 38 vívese en NUMAX

Un ano máis, e xa van nove, no Cinema NUMAX estamos moi felices de participar da 38ª edición do Festival Cineuropa, da que seremos sede do sábado 9 ao xoves 21 de novembro. A partir do venres 22 recuperaremos as nosas estreas habituais. Velaquí toda a info dos pases de Cineuropa en NUMAX.

Ver máis

Cinema

O Palestine Cinema Days Around the World vívese en NUMAX

NUMAX súmase á iniciativa internacional posta en marcha en solidariedade co festival Palestine Cinema Days que, desde o 7 de outubro do ano pasado, non pode celebrarse en terras palestinas pero atopa acubillo en 171 pantallas repartidas por todo o mundo. No noso caso, proxectaremos o filme The Wanted 18 (المطلوبون ال 18) o sábado 2 de novembro ás 12h, nun acto presentado por Mª Soliña Barreiro, profesora de Comunicación Audiovisual e colaboradora da iniciativa.

Ver máis

Libraría

Celebra o Día das Librarías en NUMAX!

Queremos convidarvos a vir debuxar con nós! A Libraría NUMAX estará aberta do luns 4 ao sábado 9 de novembro para todas as persoas que queiran vir ilustrar a libraría e a súa vida diaria. O propio día 11, Día das Librarías, exporemos os traballos no noso escaparate. Para conmemorar este día tan especial faremos o 5% de desconto en todas as compras de libros tanto en tenda como na web.

Ver máis

Cinema

Noite de Samaín con «Andei cun zombie» e «O último late night»

Por segundo ano consecutivo a Noite de Samaín chega á nosa pantalla con dúas suxestivas propostas que se alongarán máis aló da medianoite do xoves 31 de outubro: Andei cun zombie, de Jacques Tourneur, e O último late night, de Cameron e Colin Cairnes. Se asistes ao programa completo poderás gozar de ambas películas por un prezo reducido de 9€, que, no caso das abonadas, será de 7€. Oferta válida só para as entradas mercadas en billeteira.

Ver máis