Andrea Fernández Plata presenta «Jarroa» na Libraría NUMAX
A escritora Andrea Fernández Plata presenta Jarroa acompañada pola poeta Antía Otero o venres 26 de abril ás 19h00 na libraría NUMAX. A entrada é libre ata completar aforo.
A escritora Andrea Fernández Plata presenta Jarroa acompañada pola poeta Antía Otero o venres 26 de abril ás 19h00 na libraría NUMAX. A entrada é libre ata completar aforo.
O escritor e produtor de cinema Suso López presenta Non aparecen bicis acompañado pola poeta Lorena Souto este xoves 25 de abril ás 20h30 na libraría NUMAX. A entrada é libre ata completar aforo.
A Libraría NUMAX celebra un ano máis o Día do Libro! Será este martes 23 de abril, en horario de 10:30 - 14:00 (mañá) e 16:00 - 20:30 (tarde). Abriremos ao público cun desconto do 10% en todos os libros en tenda e na nosa web.
O xoves 25 de abril celebramos un evento único, cunha selección de curtas recén restauradas de José Ernesto Díaz-Noriega, xenial cineasta amateur e un dos maiores expoñentes do cinema galego dos 70. A sesión será presentada por Carolina Cappa, responsable da restauración, e Marta Pérez, profesora da USC. O evento conta coa colaboración da Elías Querejeta Zine Eskola, Filmoteca de Galicia, Filmoteca Española, Julia Díaz-Noriega Villalva, Deputación da Coruña e Lost&Found. No traballo de postprodución e restauración dixital participou o Laboratorio NUMAX.
Ignacio Somovilla e Ángel Arcay estarán na Libraría NUMAX para presentar El Pasatiempo y otros jardines (extra)ordinarios (Encyclopaedia Botanica) o vindeiro venres 19 de abril ás 20h00. A entrada é libre ata completar aforo.
Samuel Merino presentará, o vindeiro xoves 18 de abril ás 20h30, o poemario Claustro corda comensal (Galaxia) na Libraría NUMAX. O autor estará acompañado pola poeta Arancha Nogueira. A entrada é libre ata completar aforo.