A libraría NUMAX acolle a presentación da nova editorial De Corpos Presentes
De Corpos Presentes celebra o seu lanzamento e presenta os seus dous primeiros títulos na Libraría NUMAX. Sabela Mendoza, responsable da editorial, falará deste novo proxecto e manterá unha conversa o venres 4 de outubro ás 19:00 da tarde coas autoras Ania González, quen asina ani(a)mal. una otra poética por venir e Javier Martín, que presenta materia resonante.