Ángela Segovia presenta «Joi» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Joi (La uÑa RoTa) de Ángela Segovia o mércores 25 de marzo ás 19:30h. A autora estará acompañada pola escritora Berta Dávila. A entrada é libre ata completar aforo.
Sabemos que un bosque non é só unha paisaxe: é o lugar onde todo pode suceder, onde é posible perderse ou atoparse para sempre. Desa fronteira entre o sacro e o salvaxe emerxe Joi, unha nena ‒ou quizá algo máis antigo que unha nena‒ cuxo nome evoca unha alegría opaca, anterior á linguaxe, unha inocencia animal que desarma e desconcerta. Aos doce anos penétrase no bosque e desaparece. Cando a atopan dous anos despois, perdeu a memoria, non ten pasado narrable nin proxecto lexible. Só unha ferida na perna, e algo que cre sentir cando todas as cousas calan.
Durante eses anos, Joi vagou por unha cidade estranxeira. No Forest, un parque situado nas marxes, mestúrase con vagabundos e vendedores ambulantes. Alí, o seu silencio e a súa fraxilidade trastornan a orde invisible das cousas. Pero a aparición de Face abre unha greta. A alegría deixa de ser refuxio e comeza a converterse en perda.
Cunha prosa de rara intensidade, Ángela Segovia ‒voz esencial da poesía contemporánea en castelán‒ debuta na novela cunha fábula escura sobre a hospitalidade, a violencia e a fraxilidade do que aínda non foi domesticado. Joi é a historia daquilo que o mundo non sabe acoller sen destruír.
Ángela Segovia nace en 1987 en Las Navas del Marqués (Ávila), «esta tarde cuando salí de casa de mis padres el aire había cambiado de color, había algo un silencio que se cerraba contra el viento. Las nubes se agolpaban arriba, aún blancas. A lo lejos se oía el griterío de los niños, niños jugando». Publicou ¿Te duele? (V Premio de Poesía Nova Félix Grande, 2009) e de paso a la ya tan (ártese quien pueda, 2013).«Lírica hoy, para mí, es un acto de fe. Y en tanto eso, un acto de amor». En 2015 e 2016 foi bolseira de creación na Residencia de Estudantes. «El otro día cuando volvía a la Residencia, pasé el pasillo de los árboles de olor y junto a la cabañita de abastos apareció un viento enorme que me envolvió, era muy grande y lo agitaba todo con velocidad, me golpeaba en la cara fuertísimo». En 2016 publica nesta mesma editorial La curva se volvió barricada, que ao ano seguinte obtén o Premio Nacional de Poesía Nova, «y yo no sé dónde meterme, estoy muy feliz». En 2017 traduce do galego de Alén ao castelán de Las Navas CO CO CO O U de Luz Pichel (tamén en La uÑa RoTa). En 2016 empeza a escribir Amor divino: «Sigo con el libro, llegué a algunas soluciones ayer. Me gustaría poder pasear un poco, porque así pienso mejor… Hay muchas coincidencias, eso me da cosquilleo en el pecho».
- Sábado
- Ver máis