Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • VOSE
    • 119 minutos
    • Repertorio

    The Birds / Os paxaros

    Alfred Hitchcock

    Melanie Daniels, unha moza rica e snob da alta sociedade de San Francisco, coñece casualmente a Mitch Brenner nunha tenda de animais e decide seguilo ata Bodega Bay, onde vive coa súa familia. A súa chegada coincide cunha serie de ataques inexplicables de paxaros contra os habitantes da localidade.

    • Cinema
    • VOSE
    • 102 minutos
    • Repertorio

    Pacific Heights / De súpeto, un estraño

    John Schlesinger

    Patty e Drake, unha parella de San Francisco, compran e restauran unha antiga casa vitoriana e, para para facer fronte á hipoteca, alugan os apartamentos da planta baixa. Todo parece ir ben ata que Carter Hayes, un inquilino aparentemente modélico, axiña comeza a incumprir os pagos e a provocar danos na vivenda.

    • Cinema
    • VO
    • 91 minutos
    • Repertorio

    Bosque arriba en la montaña

    Sofía Bordenave

    En 2017, Rafael Nahuel, un mozo mapuche, foi asasinado pola Prefectura Naval arxentina na Patagonia. A partir de documentos xudiciais e arquivos oficiais, Sofía Bordenave relaciona o crime coa historia de violencia estatal e desposuimento territorial do pobo mapuche, desde a chamada Conquista do Deserto, no século XIX. O bosque convértese así en testemuña da violencia e espazo de resistencia fronte aos relatos oficiais.

    • Cinema
    • VOSE
    • 105 minutos
    • Repertorio

    The Wrong Man / Falso culpable

    Alfred Hitchcock

    Christopher «Manny» Balestrero, un músico que traballa nun local nocturno de Nova York, é confundido co autor de varios atracos e detido pola policía. Aínda que é inocente, as probas circunstanciais e as identificacións das testemuñas parecen incriminalo. Mentres tenta demostrar que non cometeu os delitos, a presión da investigación e do proceso xudicial afecta gravemente á súa muller, Rose.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +12
    • 155 minutos
    • Estrea

    La bola negra

    Javier Ambrossi, Javier Calvo

    Tres vidas intimamente ligadas por unha das últimas obras, inacabada, de Federico García Lorca.

    • Cinema
    • VOSE
    • 115 minutos
    • Repertorio

    Picnic

    Joshua Logan

    Nunha pequena localidade de Kansas, a chegada de Hal Carter, un home atractivo e errante, altera a vida dos habitantes. Hal busca un antigo compañeiro de universidade, Alan Benson, pero axiña chama a atención de Madge, a noiva de Alan, e esperta sentimentos e desexos que permanecían agochados. Durante a celebración dun picnic, as tensións amorosas e sociais saen á luz.

    • Cinema
    • VOSE
    • 108 minutos
    • Repertorio

    The Children's Hour / A calumnia

    William Wyler

    Karen Wright e Martha Dobie son dúas amigas que dirixen unha escola privada para nenas. Cando unha das alumnas inventa o rumor de que ambas manteñen unha relación lésbica, a mentira espállase e provoca un escándalo que destrúe a reputación das profesoras. Malia os seus intentos por defenderse, as dúas mulleres enfróntanse ao rexeitamento social e ás consecuencias dunha acusación que pon en perigo a súa carreira, a súa amizade e a súa vida persoal.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 129 minutos
    • Repertorio

    Marnie / Marnie, a ladroa

    Alfred Hitchcock

    Tippi Hedren é Marnie, unha secretaria ladroa e mentireira que se pon a traballar para Mark Rutland (Sean Connery) e tenta roubarlle. Mark, impulsivamente, casa con ela e tenta descubrir as causas do seu obsesivo comportamento.

    • Cinema
    • VOSE
    • 170 minutos
    • Repertorio

    Underground

    Emir Kusturica

    Belgrado, 1941. Marko agocha o seu amigo Petar dos nazis nun soto onde un grupo de partisanos vive baixo terra e fabrica armas. Pero o que comeza como unha estratexia de supervivencia convértese nunha farsa lucrativa cando Marko convence os refuxiados de que a guerra continúa, manténdoos agochados durante décadas mentres el ascende na Iugoslavia comunista.

    • Cinema
    • VO
    • 268 minutos
    • Estrea

    Diario de un infiltrado

    Samuel León, Saúl Valverde

    Entre 1972 e 1974, o cineasta español Miguel Herberg infiltrouse nos círculos da extrema dereita chilena por iniciativa dos seus amigos Renzo e Roberto Rossellini e do uruguaio Danilo Trelles. Reuniu documentos, películas e fotografías que revelaban os preparativos do golpe de Estado, a implicación dos Estados Unidos e a represión da ditadura de Pinochet.

  • 11 de novembro | Folga Xeral

    O mércores 11 de novembro na cooperativa NUMAX secundamos a folga xeral convocada desde o Sindicato de Inquilinas e outras organizacións sindicais para reivindicar o dereito a unha vivenda digna e asequible. Por ese motivo as portas do Cinema e a Libraría NUMAX permanecerán pechadas durante toda a xornada.
    • Cinema
    • VOSE
    • 107 minutos
    • Repertorio

    Autumn Leaves / Follas de outono

    Robert Aldrich

    Milly Wetherby é unha muller solitaria que dedicou boa parte da súa vida ao coidado do seu pai. Cando coñece a Burt Hanson, un home bastante máis novo ca ela, cre atopar por fin o amor e a oportunidade de comezar unha nova vida. Porén, tras o matrimonio, a aparición de Virginia, a primeira muller de Burt, e a revelación de segredos do pasado poñen en perigo a felicidade da parella.

    • Cinema
    • VOSE
    • 128 minutos
    • Repertorio

    Vertigo / Vertixe

    Alfred Hitchcock

    Scottie Ferguson, un antigo detective da policía de San Francisco que sofre vertixe e medo ás alturas, acepta o encargo dun vello amigo para seguir a súa esposa, Madeleine, cuxo comportamento estraño parece estar relacionado cunha muller morta hai moitos anos. Fascinado por ela, Scottie mergúllase nunha investigación que se transforma nunha obsesión, na que se confunden a memoria, o desexo e a identidade.

    • Cinema
    • VO
    • 46 minutos
    • Repertorio

    Lodeiro

    Alex Penabade, David Hernández

    Treinta años después de su muerte, el documental recupera la figura de Xosé Lodeiro, uno de los pintores más singulares del arte gallego contemporáneo. A través de testimonios de su familia, de artistas, críticos, comisarios y coleccionistas, el film recorre las distintas etapas de su obra y su evolución creativa, al tiempo que se acerca a la personalidad del artista

    • Cinema
    • VOSE
    • 92 minutos
    • Repertorio

    Sous le sable / Under the Sand / Baixo a area

    François Ozon

    Marie e Jean forman un matrimonio que leva anos compartindo unha vida tranquila. Durante unhas vacacións na costa das Landas, Jean desaparece mentres nada no mar. A pesar de que non hai indicios de que sobrevivise, Marie négase a aceptar a súa morte e continúa comportándose como se el seguise ao seu lado.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.