Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • VO
    • 84 minutos
    • Estrea

    Los días libres

    Lucila Mariani

    Nun futuro próximo, durante unhas vacacións de verán interminables e ante a inminente chegada dunha eclipse solar, Bego, de 12 anos, loita por atopar o seu lugar na familia e entre as rapazas da súa idade. Mentres a lúa «eclipsa» os animais e as persoas que a rodean, Bego coñece a REN_, unha amiga virtual que a introduce no shifting, unha práctica coa que as adolescentes cren que poden acceder a outras realidades a través dos soños lúcidos.

    • Cinema
    • VOSE
    • 113 minutos
    • Estrea

    Staatsschutz / Prosecution

    Faraz Shariat

    A fiscal Seyo Kim decide combater a violencia da extrema dereita no leste de Alemaña. Cando ela mesma sofre un ataque racista do que consegue sobrevivir, comeza a investigar pola súa conta, desobedecendo as ordes dos seus superiores e poñendo en risco a súa vida.

    • Cinema
    • VO
    • 90 minutos
    • Estrea

    Edgar Neville. El español que vino de Hollywood

    José del Río

    Autor dunha obra insólita e profundamente persoal, Edgar Neville caeu parcialmente no esquecemento tras a súa morte. Co paso do tempo, a súa figura e a súa filmografía foron recuperadas e recoñecidas, ata converterse nunha referencia fundamental do cinema español do século XX.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 107 minutos
    • Repertorio

    Nosso Segredo

    Grace Passô

    Unha familia negra brasileira da cidade de Belo Horizonte tenta reconstruír o seu fogar tras unha perda recente. Incapaces de expresar o que senten, a nai e os seus fillos refúxianse nas súas rutinas individuais para fuxir do dó.

    • Cinema
    • VO
    • 330 minutos
    • Repertorio

    Biografía de Jorge Luis Borges

    Mariano Llinás

    A partir dunha revisión exhaustiva dos documentos que deixou Jorge Luis Borges, dos libros que leu e dos lugares que percorreu, Mariano Llinás emprende unha investigación para descifrar a vida do escritor arxentino.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +12
    • 93 minutos
    • Estrea

    Rose

    Markus Schleinzer

    A inicios do século XVII, un misterioso soldado chega a unha illada vila protestante de Alemaña afirmando ser o herdeiro dunha granxa abandonada.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.