A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Río rojo» de Ernesto Is
Ernesto Is presenta Río rojo (Pepitas) o venres 20 de novembro ás 19:00h na Libraría NUMAX. O autor estará acompañado polo docente e programador Julio Vilariño. A entrada é libre ata completar aforo.
No ano 1966, en plena ditadura franquista, Sergio Leone rodou os exteriores de O bo, o feo e o malo nos pobos burgaleses de San Pedro de Arlanza, Santo Domingo de Silos, Covarrubias e Carazo. Hoxe o filme, pedra angular do spaghetti western, é valorado tanto pola crítica como polo público como un clásico da historia do cine.
Unha escura ironía fixo que o exército franquista traballase na construción do xigantesco e icónico decorado do cemiterio da película sobre o chan dun país repleto de fosas comúns. A Asociación Cultural Sad Hill reconstruíu e recuperou o cemiterio de forma altruísta. Son moitos os cinéfilos, turistas e curiosos que, a diario, visitan e se fan fotografías no mesmo decorado por onde camiñaron lendas da pantalla como Clint Eastwood, Le Van Cleef ou Eli Wallach. Ernesto Is toma como punto de partida para escribir esta peza teatral a historia daquela rodaxe e la triste realidade que esconden as cunetas do noso país.
Hoxe en día, e segundo datos do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, hai aproximadamente unhas seis mil fosas comúns en España, das cales case mil cincocentas foron exhumadas e dignificadas de forma total ou parcial. Con todo, calcúlase que aínda pode haber máis de cento catorce mil persoas desaparecidas.
Ernesto Is (Gijón, 1988) é un dramaturgo e guionista titulado pola esad de Galicia. A súa obra, traducida a diferentes idiomas, conta con diversos galardóns, como o Premio Kutxa Fundazioa por Río rojo (2026), o Premio Asturias Joven por Memoria de la nisalDespois das ondas (2017) e o Premio Abrente de la mit de Ribadavia por Fendas (2016) e Profetas (2021). Is participa nos programas «Dramaturgias Actuales», do INAEM, «DramaturXa», do Centro Dramático Galego, e «Antzerkigintza Berriak». Escribe para as compañías Feira do Leste, Inversa Teatro, Señora Supina ou Amorodio Teatro. En 2024, funda xunto a Nerea Brey a compañía Manekineko. Na actualidade, compaxina o seu traballo creativo no teatro e audiovisual coa docencia e a colaboración en diversas revistas culturais.
Fotografía: Mark Zlick.
- Hoxe
- Ver máis