Los días libres
- Estrea
- VO
Los días libres
- Cineuropa 2026
- Estrea
Nun futuro próximo, durante unhas vacacións de verán interminables e ante a inminente chegada dunha eclipse solar, Bego, de 12 anos, loita por atopar o seu lugar na familia e entre as rapazas da súa idade. Mentres a lúa «eclipsa» os animais e as persoas que a rodean, Bego coñece a REN_, unha amiga virtual que a introduce no shifting, unha práctica coa que as adolescentes cren que poden acceder a outras realidades a través dos soños lúcidos.
Lucila Mariani é unha cineasta arxentina. Dirixiu numerosas curtametraxes seleccionadas en festivais como Locarno, Rotterdam (IFFR), New Directors/New Films, o Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata e IndieLisboa. Los días libres é a súa primeira longametraxe e foi seleccionada para A Fabrica do Cinema do Festival de Cannes en 2023. Actualmente traballa no guión da súa segunda longametraxe, Laguna Pepsi, e no desenvolvemento da curtametraxe Cowboy-girl.
- Título orixinal: Los días libres
- Ano: 2026
- Duración: 84 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Lucila Mariani
- Guión: Lucila Mariani
- Elenco: Antonia Robolini, Luiza Quinteiro, Laura Paredes, Guillermo Berthold
- Montaxe: Maximiliano Passarelli
- Fotografía: Victoria Pereda
- Produtora: Paula Zyngierman, Tathuani Sacilotto, Jessica Luz