Edgar Neville. El español que vino de Hollywood
- Estrea
- VO
Edgar Neville. El español que vino de Hollywood
- Cineuropa 2026
- Estrea
Autor dunha obra insólita e profundamente persoal, Edgar Neville caeu parcialmente no esquecemento tras a súa morte. Co paso do tempo, a súa figura e a súa filmografía foron recuperadas e recoñecidas, ata converterse nunha referencia fundamental do cinema español do século XX. Este documental percorre a vida, a obra e o pensamento dun dos creadores máis singulares da cultura española da época.
José del Río é un documentalista con máis de vinte anos de experiencia en proxectos audiovisuais para o sector privado e para organismos públicos e culturais. Ao longo da súa carreira colaborou con cineastas como Santiago San Miguel e Miloš Forman. Entre os seus traballos figuran Ruta para un pentagrama (2023), Bach en Madrid (2014) e Escultura de cartón (2010).
- Título orixinal: Edgar Neville. El español que vino de Hollywood
- Ano: 2026
- Duración: 90 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: José del Río
- Guión: Julia Royo, Lara Vicente
- Elenco: Mario Zorrilla, Ruth Díaz, Enric Benavent, Maya Reyes
- Montaxe: Adoración G. Elipe
- Fotografía: Isabel Ruiz Ruiz
- Produtora: Pedro Palacios, Ricard Sales, Luis Reneo, María José Revaldería, José del Río, Marta Lacima