50% de desconto en entradas e libros co Bono Cultura
Do 1 de novembro ao 31 de decembro de 2021 podes mercar as túas entradas do Cinema ou os produtos da Libraría cun 50% de desconto grazas ao Bono Cultura da Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22.
Do 1 de novembro ao 31 de decembro de 2021 podes mercar as túas entradas do Cinema ou os produtos da Libraría cun 50% de desconto grazas ao Bono Cultura da Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22.
O luns 25 de outubro ás 20:45 celebramos o Día de Lorca en Galicia coa proxección do noticieiro La Barraca de Lorca, xira por Galicia (1932). O acto contará coa participación do editor Henrique Alvarellos e o fotohistoriador Carlos Castelao. O evento está apoiado pola Concellaría de Acción Cultural representada no acto pola concelleira Mercedes Rosón.
A Libraría NUMAX acollerá a presentación do libro En mar abierto (Pepitas de Calabaza) do activista Eduardo Romero. Esta actividade, que se enmarca dentro do ciclo «Futuros. Conversas arredor de outros mundos posibles», terá lugar o xoves 21 de outubro ás 20:00h. Co autor estará Lorena Relión, traballadora social e membro de Resistencia en Terra Allea. Organiza o Foro Galego da Inmigración xunto a NUMAX.
Logo de sete intensos meses o ciclo Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias chega á súa fin nun último encontro coas autoras e obras que encheron de luz e ideas a actividade. Será este sábado 16 de outubro de 12:00 a 14:00 horas na Libraría NUMAX. Intemperiadas é unha actividade comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.
A Libraría NUMAX acollerá o ciclo «Futuros. Conversas arredor de outros mundos posibles». Esta actividade comeza coa presentación de Al menos tienes trabajo da xornalista e escritora vasca Naiara Puertas editado por Antipersona. No acto, que terá lugar o próximo xoves 14 de outubro ás 20:00 da tarde, a autora estará acompañada do guionista Antón Varela.
O dramaturgo e director teatral Afonso Becerra estará en NUMAX o próximo xoves 7 de outubro ás 19:30 para a presentación do seu libro História da dança contemporânea na Galiza (Através Editora, 2021). No acto o autor estará acompañado de Ana Vallés e Baltasar Patiño (Matarile Teatro).