Actualidade

Cinema

Foco Nouvelle Vague, as orixes do movemento

Continuamos a percorrer, en estupendas copias restauradas, os movementos máis importantes da historia do cinema. Os últimos martes de xaneiro a maio achegarémonos ás orixes da Nouvelle Vague francesa, con obras de Jean-Luc Godard, Agnès Varda, Chris Marker, Jacques Rivette e moitos máis. A segunda cita co ciclo, o martes 22 de febreiro cunha selección de curtametraxes.

Ver máis

Libraría

A poeta María Ovelar presenta «Las oceánicas» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a súa primeira presentación do ano este xoves 13 de xaneiro. Nesta ocasión, teremos con nós á poeta alicantina María Ovelar co seu poemario «Las Oceánicas», editado por Valparaíso Ediciones. Na presentación, que terá lugar ás 20:30h da tarde, a poeta estará acompañada pola profesora e escritora Marga do Val. Foto: Jacobo Biarnes. 

 

Ver máis

Cinema

O top ten de 2021 para a xente de NUMAX

Despedimos o ano coa xa tradicional listaxe de filmes que máis gustaron ás traballadoras de NUMAX. Entre as máis repetidas temos filmes de estrea (First Cow, O teléfono do vento, Summer of Soul), sesións especiais que nos marcaron (Sisters with Transistors), reestreas de patrimonio (O movimento das coisas) ou filmes que nos agardan en 2022 (918 Gau).

Ver máis