Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +12
    • 124 minutos
    • Estrea

    Akira (Remasterizada en 4k)

    Katsuhiro Ōtomo

    Ano 2019. Na metrópole de Neo Tokio, unha urbe situada sobre as ruínas da vella cidade de Tokio, destruída hai anos por unha explosión a nivel mundial, vive Tetsuo. Despois de ter sufrido unha infancia difícil, é sometido como suxeito de probas a unha máquina destinada a desenvolver as capacidades psíquicas que se encontran dentro de cada un de nós.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +16
    • 160 minutos
    • Estrea

    Magallanes

    Lav Diaz

    Magallanes é un navegante portugués que se rebela contra o poder do Rei, que non apoia os seus soños de descubrir o mundo a comezos do século XVI. Convence a Coroa española para que apoie a súa audaz expedición ás lendarias terras de Oriente. A viaxe é máis esgotadora do agardado, con fame e motíns que levan a tripulación ao límite das súas forzas.

    • Cinema
    • HD
    • VO
    • 69 minutos
    • Estrea

    O sonho da razom

    Alberte Pagán

    "O sonho da razom" naceu como investigación formal minimalista a partir dunha fotografía tirada no mar da Galilea en 1886. A montaxe da película foi absorbendo máis materiais até converterse, a partir das imaxes das cámaras de seguridade da Flotilla Sumud Global de 2025, nun complexo ensaio sobre os monstros da razón sionista.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • TP
    • 115 minutos
    • Repertorio

    Pather panchali (A canción do camiño)

    Satyajit Ray

    Narra a historia dunha familia bengalí axexada pola mala sorte. O pai, Harihara, é un sacerdote, curandeiro, soñador e poeta. Sabajaya, a nai, traballa para alimentar á súa familia, que recibe con alegría e esperanza a chegada dun novo fillo, Apu.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • TP
    • 38 minutos
    • Repertorio

    Vía Versus

    María Salgado, Clarisa Navas

    ía Versus é unha peza audiovisual feita de dous poemas ou dous poemas filmados que buscan facer aparecer dous lugares moi concretos, o Nordeste arxentino e Ourense.

  • A sala de cinema acolle a proxección de «Vía versus» e un recital da poeta María Salgado

    O vindeiro venres 10 de xullo ás 19:00h temos unha cita dobre coa poeta María Salgado que terá lugar no Cinema e na Libraría NUMAX. A xornada arrancará na sala de cinema coa proxección de Vía versus, mediametraxe dirixida a catro mans pola propia María Salgado en colaboración coa cineasta arxentina Clarisa Navas. A sesión arrancará cunha presentación e lectura de poemas a cargo de Salgado. Este pase terá entrada gratuíta e xa podedes reservar butaca na nosa web ou billeteira.
     

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 169 minutos
    • Repertorio

    A casa do bosque (Parte 2)

    Maurice Pialat

    Dividida en sete episodios, esta serie de culto de Maurice Pialat conta a historia duns nenos parisinos que, a causa da Primeira Guerra Mundial, son enviados a unha vila da Francia rural, onde son acollidos por un matrimonio con tres fillos.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 169 minutos
    • Repertorio

    A casa do bosque (Parte 2)

    Maurice Pialat

    Dividida en sete episodios, esta serie de culto de Maurice Pialat conta a historia duns nenos parisinos que, a causa da Primeira Guerra Mundial, son enviados a unha vila da Francia rural, onde son acollidos por un matrimonio con tres fillos.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.