Cinema

En carteleira

Ver todos os filmes

Altas capacidades

Víctor García León

Alicia e Gonzalo, unha parella de clase media, atópanse coa oportunidade de matricular o seu fillo Fer nun colexio laico de elite. Para os pais supón asomar a cabeza na clase alta, novas amizades, maiores ingresos, vantaxes incontables. Din facelo polo seu fillo.    Ler máis

Calle Málaga

Maryam Touzani

María Ángeles é unha española de 79 anos que vive soa en Tánxer, onde goza o seu día a día na cidade. Todo muda cando a súa filla Clara chega desde Madrid para vender o apartamento no que viviron. Decidida a ficar na cidade que a viu medrar, fará todo o posible para manter o seu fogar e os obxectos da súa vida. Ler máis

Amarga Navidad

Pedro Almodóvar

Elsa é unha directora de publicidade cuxa nai morre durante unha longa ponte do mes de decembro. Encontra refuxio no traballo, aínda que é máis ben unha fuxida cara a diante. Traballa sen parar e sen decatarse, non se concede o tempo necesario para gardar o dó pola ausencia materna. Ler máis

Valor sentimental

Joachim Trier

As irmás Nora e Agnes reencóntranse co seu distanciado pai, o carismático Gustav, un antigo director de renome que lle ofrece á súa filla Nora, actriz de teatro, un papel na súa próxima película. Nora rexéitao e pronto descobre que lle deu o seu papel a unha nova e entusiasta estrela de Hollywood. Ler máis

LUX Audience Award

Eu créote

Charlotte Devillers, Arnaud Dufeys

Alice preséntase ante o xuíz, sabendo que non hai marxe para o erro. Debe falar en nome dos seus fillos e enfrontarse ao seu pai xa que a súa custodia está en xogo. Poderá facer oír a súa voz e protexelos antes de que sexa tarde de máis? Ler máis

Aunque seamos islas

Cristina Rodríguez Paz

Unha foquista en crise profesional emprende unha viaxe até as últimas fareiras. O que comeza como unha busca externa desemboca nun relato interior onde o proceso de facer cinema cruza coas historias das fareiras. Ler máis

Ver máis

Liñas de programación

Estrea

Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.

Repertorio

Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.

Os ollos verdes

Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.

Ler máis