Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 107 minutos
    • Estrea

    Sonido mosca

    Nando Caballero

    A década dos sesenta foi unha época onde a ditadura e a represión dominaban a vida social e cultural española. Porén, unha chea de mozos enfrontáronse á orde establecida por amor ao rock and roll, que a contagotas chegaba aos seus ouvidos.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 99 minutos
    • Repertorio

    A Single Man / Un home solteiro

    Tom Ford

    Os Ánxeles, 1962. George Falconer é un profesor universitario británico que tenta comprender o sentido da vida tras a morte de Jim, o seu compañeiro sentimental. A dor e o baleiro empúrrano cara a unha decisión definitiva, mais ao longo dun día cheo de encontros e lembranzas, a presenza da súa amiga Charley e a beleza efémera do mundo poñerán á proba o seu desexo de rendición.

    • Cinema
    • VOSE
    • 108 minutos
    • Estrea

    Pai Nosso - Os Últimos Dias de Salazar

    José Filipe Costa

    Portugal, 1968. O ditador António de Oliveira Salazar cae da cadeira e sofre un derrame cerebral. Ao regresar ao seu palacio para recuperarse, xa non é presidente, mais ninguén lle revela a verdade: nin a súa fiel gobernanta, nin as criadas, nin o médico que o atende. Illado e atrapado entre a enfermidade e o delirio, Salazar aférrase á idea do poder, mentres a fronteira entre a realidade e a alucinación se esvae. Quere vencer á morte ou simplemente perpetuar a súa propia ilusión de autoridade?

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 113 minutos
    • Estrea

    Tesis sobre una domesticación

    Javier Van de Couter

    Unha actriz travesti, estrela do teatro porteño, alcanza o éxito profesional e económico e decide, xunto co seu home —un avogado acomodado—, adoptar un fillo. Mais ese soño de plenitude comeza a esfarelarse cando o pasado reaparece e a “domesticación” da súa vida parece poñer en risco a súa liberdade.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 96 minutos
    • Repertorio

    La maison sous les arbres / A casa baixo as árbores

    René Clément

    Philip Hallard, un experto en espionaxe industrial retirado, vive en París coa súa muller, Jill, e cos seus dous fillos nunha aparente tranquilidade, traballando agora como informático. Pero esa paz esváese cando unha poderosa organización secreta secuestra os nenos para obrigalo a regresar ao seu antigo oficio.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 114 minutos
    • Repertorio

    Boys Don't Cry / Os rapaces non choran

    Kimberly Peirce

    Ambientada en Nebraska, esta poderosa dramatización real recrea a historia de Brandon Teena, un mozo trans que, baixo a aparencia dun home, tenta construír unha nova vida nunha pequena comunidade rural. O filme explora o amor, a identidade e a violencia, e acende unha luz sobre a vulnerabilidade e a coraxe de quen se enfronta ao rexeitamento e á discriminación.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 55 minutos
    • Repertorio

    O meu nome é Camba

    Alfonso Castaño, Emilio Fernández

    Este documental propón unha viaxe pola vida e a obra de Julio Camba, un dos xornalistas máis populares da primeira metade do século XX. A través da memoria e das voces de biógrafos, xornalistas, intérpretes e amizades, o filme reconstrúe o seu percorrido vital polas cidades nas que viviu e escribiu (Bos Aires, Istambul, Londres, París, Berlín, Roma, Lisboa e Nova York) mentres asistimos ao seu derradeiro baño na habitación 383 do Hotel Palace de Madrid, onde pasou os últimos trece anos da súa vida.

    • Cinema
    • VOSE
    • 108 minutos
    • Estrea

    Pai Nosso - Os Últimos Dias de Salazar

    José Filipe Costa

    Portugal, 1968. O ditador António de Oliveira Salazar cae da cadeira e sofre un derrame cerebral. Ao regresar ao seu palacio para recuperarse, xa non é presidente, mais ninguén lle revela a verdade: nin a súa fiel gobernanta, nin as criadas, nin o médico que o atende. Illado e atrapado entre a enfermidade e o delirio, Salazar aférrase á idea do poder, mentres a fronteira entre a realidade e a alucinación se esvae. Quere vencer á morte ou simplemente perpetuar a súa propia ilusión de autoridade?

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 110 minutos
    • Repertorio

    Sunday, Bloody Sunday / Domingo, maldito domingo

    John Schlesinger

    Daniel Hirsh, médico homosexual de mediana idade, e Alex, unha muller divorciada, comparten —sen sabelo ao principio— unha relación co mesmo home: Bob, un artista máis novo ca eles. A medida que as historias se entrelazan, a película explora con serenidade e complexidade emocional os límites do amor, o desexo e a soidade.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 93 minutos
    • Repertorio

    L'amour l'après-midi / O amor despois do mediodía

    Éric Rohmer

    Frédéric leva unha vida académica acomodada: casado coa súa muller Hélène, avanza cara ao nacemento dun segundo fillo e goza dunha rutina tranquila. Mais a serenidade vese alterada cando reaparece na súa vida Chloé, un antigo amor libre e sedutor que devolve ao seu mundo a tentación e o desexo. A través de tardes informais, paseos e conversacións, Frédéric enfróntase á dúbida: permanecer fiel ao compromiso vello e seguro ou sucumbir á promesa dunha liberdade illada mais fugaz.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 122 minutos
    • Estrea

    Nuestra tierra

    Lucrecia Martel

    En 2009, un home e dous cómplices tentan desaloxar os membros da comunidade indíxena Chuschagasta, no norte de Arxentina. Reclamando a propiedade da terra e armados con pistolas, matan o líder da comunidade, Javier Chocobar. O asasino queda gravado en vídeo. Tras nove anos de protestas, en 2018 ábrese finalmente o proceso xudicial. Durante todo este tempo, os asasinos seguen libres.

  • Raquel Miragaia presenta «Corpus» na Libraría NUMAX

    A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Corpus (Através) de Raquel Miragaia o martes 11 de novembro ás 19h. A autora estará acompañada pola escritora Teresa Moure. Coincidindo co Día das Librarías, faremos un 5% de desconto en todos os libros que se merquen tanto en tenda como na web. A entrada é libre ata completar aforo.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 96 minutos
    • Estrea

    La mitad de mi familia

    Ariel Wolf

    Mentres a pandemia illa os uruguaios, Ariel proponse filmar a súa nai, Doris, unha destacada psicanalista. A través do seu relato, ela tece a historia da súa familia xudía que fuxiu de Alemaña, e tamén dos seus parentes nazis que ficaron. Fálanos de amor e desamor entre o seu pai xudeu e a súa nai alemá, filla dun nazi, e de como esa herdanza seuge a afectar as relacións entre pais e fillos 80 anos despois.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 109 minutos
    • Repertorio

    Mildred Pierce / Almas en suplicio

    Michael Curtiz

    Tras ser abandonada polo seu home, Mildred decide saír adiante pola súa conta e funda un exitoso negocio de restauración, sacrificando todo polo benestar da súa filla Veda. Mais a relación entre ambas, marcada pola ingratitude, a envexa e o desexo de ascenso social, acaba converténdose nun tormento que conducirá á destrución. "Alma en suplicio" é un melodrama clásico con trazos de film noir sobre o amor maternal levado ao límite, a culpa e o prezo da ambición.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 140 minutos
    • Repertorio

    Maurice

    James Ivory

    Ambientada na Inglaterra eduardiana, "Maurice" conta a historia dun mozo que loita por aceptar a súa identidade nunha sociedade que condena o amor entre homes. Maurice Hall, educado segundo os valores morais da súa clase, descobre o desexo e a súa verdadeira natureza a través da amizade e do amor con Clive Durham, compañeiro de universidade en Cambridge.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 83 minutos
    • Estrea

    Morichales

    Chris Gude

    Nas extensas chairas da Güiana venezolana, as palmeiras de moriche —árbores sagradas e fonte de vida para as comunidades locais— esténdense sobre unha terra atravesada pola cobiza. Baixo o seu manto húmido agóchase o ouro que atrae mineiros e aventureiros, transformando o ecosistema nun escenario de resistencia e ruína.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 90 minutos
    • Estrea

    Bajo las banderas, el sol

    Juanjo Pereira

    120 horas de imaxes de arquivo: isto é o que resta de 35 anos de ditadura de Stroessner en Paraguai. A partir deste corpus de imaxes raras encontradas en todo o mundo, a película reconstrúe a historia dunha das ditaduras máis duradeiras do século XX, cuxos efectos aínda se deixan sentir hoxe en día.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 101 minutos
    • Repertorio

    Wanda

    Barbara Loden

    Nunha zona mineira dos suburbios de Pensilvania, Wanda —interpretada pola propia Barbara Loden— abandona o seu home, renuncia á custodia dos fillos e inicia unha errática viaxe polo lado máis escuro e marxinal do país. Rodada en 16 mm cun pequeno equipo de catro persoas, Wanda é unha obra fundacional do cinema independente estadounidense dos anos setenta, un retrato cru e luminoso dunha muller que busca, sen atopala, a súa liberdade.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 146 minutos
    • Repertorio

    Hurry Sundown / A noite desexada

    Otto Preminger

    Tras o remate da Segunda Guerra Mundial, Henry Warren, un terratenente ambicioso, tenta facerse coas leiras dos seus veciños para construír un gran complexo agrícola. Mais atópase coa resistencia de dous pequenos propietarios: Rad McDowell, un veterano branco empobrecido, e Reeve Scott, un agricultor negro decidido a defender a súa herdanza familiar.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 108 minutos
    • Estrea

    Sempre

    Luciana Fina

    Cincuenta anos despois do 25 de abril de 1974, Luciana Fina revisita as imaxes da Revolución dos Caraveis, a través dos arquivos da Cinemateca Portuguesa e RTP.

  • Dicir as marxes #05 con Plácido Lizancos e Íñigo Sánchez-Fuarros: «Feo ti. O útil e o bonito no patrimonio arquitectónico.»

    Derradeiro encontro da actividade de NUMAX, «Dicir as marxes», o mércores 13 de novembro ás 20h. O arqutiecto Plácido Lizancos e o antropólogo Íñigo Sánchez-Fuarros clausururán o ciclo cun evento que leva por título «Feo ti. O útil e o bonito no patrimonio arquitectónico». Esta actividade está comisariada pola Libraría NUMAX e subvencionada pola Deputación da Coruña.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 95 minutos
    • Estrea

    Eloy de la Iglesia, adicto al cine

    Gaizka Urresti

    Retrato dun cineasta valente, un enfant terrible nos seus inicios, combativo fronte á censura e sempre disposto a explorar os límites da liberdade de expresión. Cronista da cara máis escura da Transición, a súa traxectoria acabaría afundíndose nos infernos da drogadicción e no esquecemento durante máis dunha década. Repudiado por moitos, logrou finalmente saír do ostracismo e regresar ao seu verdadeiro vicio: o cinema, a adicción da que nunca conseguiu desengancharse.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 131 minutos
    • Repertorio

    Chinatown

    Roman Polanski

    Unha das obras mestras do cinema dos setenta, que redefine o xénero negro desde a súa mirada máis amarga.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 141 minutos
    • Repertorio

    Love Streams / Correntes de amor

    John Cassavetes

    Uns poucos días na vida dun famoso escritor, que enche o baleiro da súa existencia saltando dunha relación a outro, e a súa irmá, que se acaba de divorciar e ten unha traumática relación coa súa filla.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 155 minutos
    • Repertorio

    Voyage of the damned / A viaxe dos malditos

    Stuart Rosenberg

    En 1939, o transatlántico alemán St. Louis parte de Hamburgo con 937 xudeus a bordo, rumbo a Cuba, fuxindo da persecución nazi. Cando o barco chega ao seu destino, o goberno cubano négase a aceptar os refuxiados, e tamén os Estados Unidos e Canadá lles pechan as portas. Mentres a desesperanza medra entre os pasaxeiros e a tripulación, o capitán tenta manter a dignidade e evitar unha traxedia anunciada.

  • Blanca Lacasa presenta «El accidente» na Libraría NUMAX

    A Libraría NUMAX acolle a presentación de El accidente (Libros del Asteroide) de Blanca Lacasa o venres 14 de novembro ás 19h. A autora estará acompañada pola xornalista Andrea Villa. A entrada é libre ata completar aforo.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 73 minutos
    • Estrea

    ¿De qué casa eres?

    Ana Pérez-Quiroga

    “De que casa es?” foi a pregunta que tiveron que responder case tres mil nenos e nenas españolas exiliadas na Unión Soviética durante a Guerra Civil. Este filme reconstrúe a historia dunha delas, Angelita Pérez, nai da directora, que pasou vinte anos en internados rusos ata licenciarse en Medicina en Moscova.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 84 minutos
    • Repertorio

    Sempre hai un mañá

    Douglas Sirk

    Clifford Groves é un fabricante de xoguetes, canso da rutina e coa impresión de non ser debidamente apreciado pola súa muller e os seus fillos. Reencóntrase cunha antiga amiga, Norma Miller Vale, á que non ve desde hai vinte anos e a partir de aí comeza a repensar a súa vida.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 96 minutos
    • Estrea

    The Botanist / O botánico

    Jing Yi

    Nun remoto val da fronteira norte de Xinjiang, en China, Arsin, un neno solitario de orixe kazaka, conserva apenas lembranzas da súa familia e atopa consolo entre as plantas que coida con delicadeza. A chegada de Meiyu, unha rapaza chinesa da etnia han, irrompe na súa rutina como o descubrimento dunha nova especie: estraña, fermosa e chea de misterio. Entre ambos nace unha amizade silenciosa, tan fráxil como o ecosistema que os rodea, na que aprenden a mirar o mundo como un océano sen límites.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 124 minutos
    • Repertorio

    Mesa de debate: A folga de actores e actrices de 1975 + Siete días de enero

    Juan Antonio Bardem

    Reconstrución dos tráxicos acontecementos ocorridos en España no mes de xaneiro de 1977: o atentado dun grupo de ultradereita contra un despacho de avogados laboralistas vinculados ao Partido Comunista, no que morreron catro letrados e un administrativo, e quedaron gravemente feridos outros catro avogados. A matanza foi reivindicada pola Triple A (Alianza Apostólica Anticomunista) e formou parte dun intento de desestabilización da recentemente inaugurada democracia española.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 211 minutos
    • Estrea

    O riso e a faca

    Pedro Pinho

    Sérgio, un enxeñeiro ambiental portugués, viaxa a Guinea-Bissau para realizar un informe de impacto dun proxecto de construción de estradas. Atrapado entre a calor e o illamento, coñece a Diara e Guilherme, dúas persoas locais que tamén buscan o seu propio camiño.