-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +16
- 111 minutos
- Estrea
Salve María
María, unha escritora moza que acaba de ser nai, atópase coa noticia dun suceso estremecedor: unha muller francesa afogou os seus xemelgos de 10 meses na bañeira. María obsesiónase coa infanticida, por que os matou?
Presenta
Calendario de eventos
-
- Cinema
- HD
- VOSE
- 99 minutos
- Repertorio
Un condenado a morte escapou
Abril de 1943, en plena Segunda Guerra Mundial. Fontaine, un mozo de 27 anos membro da Resistencia francesa, que loita contra a ocupación nazi, é arrestado pola Xestapo para ser interrogado. Fontaine sospeita que vai ser executado e empeza a planear a súa fuga.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 96 minutos
- Repertorio
Fat City
En Stockton, cidade de California, un veterano púxil en decadencia que sobrevive traballando como xornaleiro agrícola, coñece a un mozo que quere ser boxeador e a quen lle recomenda o seu antigo mánager, outro perdedor. "Fat City" é unha expresión da xerga puxilística que significa "Paraíso na terra".
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +16
- 111 minutos
- Estrea
Salve María
María, unha escritora moza que acaba de ser nai, atópase coa noticia dun suceso estremecedor: unha muller francesa afogou os seus xemelgos de 10 meses na bañeira. María obsesiónase coa infanticida, por que os matou?
-
- Cinema
- VOSE
- 114 minutos
- Repertorio
Baby Doll
Archie Lee Meighan é un home de mediana idade en decadencia. Leva dous anos casado con Baby Doll, con que non consumou o matrimonio por unha promesa que lle fixera ao seu sogro falecido
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 102 minutos
- Estrea
En la alcoba del sultán
A comezos do século XX, o sultán de Marrocos, Moulay Abd el-Aziz, desexa explorar os misterios da cinematografía e busca a alguén que o guíe. O seu camiño crúzase co de Gabriel Veyre, operador de cámara dos irmáns Lumière
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 180 minutos
- Estrea
Hotel do Rio
Todo acontece ao longo dunha fin de semana, nun hotel provincial, á beira do río. Unha familia ameazada pola bancarrota do hotel e esnaquizada por celos e desamores pero, sobre todo, pola incapacidade de amar.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 104 minutos
- Repertorio
The King of Marvin Gardens / O rei de Marvin Gardens
David Staebler, un DJ de radio nocturno e melancólico, accede á proposta do seu irmán Jason, un estafador extrovertido, de acompañalo a Atlantic City para participar nun turbio negocio inmobiliario. Malia á súa natureza reservada, David déixase arrastrar polo irmán e axiña os sucesos descontrólanse.
-
- Cinema
- VO
- 62 minutos
- Estrea
Panorama Curtas Galegas 2
Segunda sesión de curtametraxes galegas contemporáneas, con "A fotografía velada é espazo para unha proposta de memoria", "Arde Aral", "Queimar cando morra" e "Taquión".
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 102 minutos
- Estrea
Bob Trevino Likes It
Unha moza de vinte anos que loita contra a soidade e a insatisfacción persoal atopa accidentalmente a un descoñecido en Facebook que comparte o mesmo nome ca o seu egoísta pai: Bob Trevino.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 108 minutos
- Repertorio
The Trip to Bountiful / Regreso a Bountiful
Carrie Watts é unha anciá infeliz que vive cun fillo sobreprotector chamado Ludie e coa súa nora Jessie Mae, unha antipática señora que tenta controlala porque pensa que á súa idade non se dá valido por si mesma.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 123 minutos
- Estrea
7291
En xuño do 2020 iníciase na Asemblea de Madrid unha Comisión de Investigación sobre as persoas falecidas durante a primeira onda da pandemia do Covid-19 nas residencias de maiores da Comunidade Autónoma de Madrid (CAM). Segundo datos da CAM, nos meses de marzo e abril do 2020 faleceron 9470 persoas que vivían nestas residencias. Só 2179 delas recibiron atención hospitalaria e 7291 non tiveron derivación.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 77 minutos
- Estrea
A savana e a montanha
Un documental híbrido captura a loita creativa dos habitantes de Covas do Barroso, no norte de Portugal, contra os plans da empresa británica Savannah Resources, que quere construír a mina de litio a ceo aberto máis grande de Europa a poucos metros das súas casas.
-
- Cinema
- VOSE
- 150 minutos
- Estrea
Soundtrack to a Coup d'Etat / Banda sonora dun golpe de estado
O jazz e a descolonización entretécense nesta montaxe histórica que reescribe un episodio político significativo, o que levou aos músicos Abbey Lincoln e Max Roach a infiltrarse no Consello de Seguridade da ONU en protesta polo asasinato do líder congoleño Patrice Lumumba.
-
- Cinema
- VOSE
- 145 minutos
- Repertorio
Twilight's Last Gleaming / Alerta: mísiles
En 1981, un antigo xeneral veterano da guerra de Vietnam, degradado das Forzas Aéreas norteamericanas, escapa dun cárcere de Montana xunto a tres homes.
-
- Cinema
- VO
- 65 minutos
- Estrea
Aurora
Aurora e Area, mulleres achegadas de mundos totalmente dispares e con gran diferenza de idade entre elas, establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversas ligadas á morte, a familia, a guerra e a muller.
-
- Cinema
- VO
- 59 minutos
- Estrea
Panorama Curtas Galegas 3
Terceira sesión de curtametraxes galegas contemporáneas, con "12 de maio de 1937", "A morte do último alcalde franquista", "Aínda hoxe as horas" e "Ruovesi".
-
- Cinema
- VO
- 100 minutos
- Estrea
La piel en primavera
Hai 15 anos que Sandra vive por e para o seu fillo. Agora que o rapaz é adolescente comeza para ela unha nova etapa ao conseguir un emprego como garda de seguridade nun centro comercial.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 143 minutos
- Repertorio
Opening Night / Noite de estrea
Myrtle Gordon é unha actriz de Broadway que se mete a fondo de máis na pel dos seus personaxes, co que iso supón de desgaste persoal. Está a ensaiar unha obra na que encarna unha muller que se nega a admitir que está a envellecer.
-
- Cinema
- VOSE
- 108 minutos
- Repertorio
Bulworth
O senador demócrata Jay Bulworth, farto da falsidade do mundo político, tolea e amaña o seu propio asasinato, dedicando o peche da súa última campaña electoral a dicir só a verdade a ritmo de rap.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 91 minutos
- Estrea
La guitarra flamenca de Yerai Cortés
Cando C. Tangana coñece a Yerai Cortés queda completamente fascinado co seu talento e intrigado pola súa historia familiar. Yerai é unha figura inusual dentro do flamenco, tan respectada polos xitanos máis tradicionalistas como polos artistas vangardistas da nova onda da que el forma parte.
-
- Cinema
- VOSE
- 114 minutos
- Repertorio
Lilith
Vincent, un veterano de guerra, regresa a Maryland, o seu estado natal, e comeza traballar nun hospital psiquiátrico privado para ricos. Alí namórase dunha fermosa paciente, Lilith, que vive abstraída nun mundo de seu. A medida que se vai achegando a ela, vai tamén afastándose da súa propia realidade.
-
- Cinema
- VOSE
- 115 minutos
- Repertorio
East of Eden / Ao leste do Edén
Salinas, California, 1917. Adam Trask é un modesto agricultor que vive cos seus fillos, Cal e Aron, aos que fixo crer que a súa nai, Kate, morrera. Ao iren medrando, a rivalidade entre os mozos polo cariño do pai intensifícase, poñendo de manifesto as súas personalidades tan diferentes.
-
- Cinema
- VOSE
- 126 minutos
- Repertorio
A Face in the Crowd / Un rostro na multitude
Estados Unidos a finais dos anos 50. Marcia Jeffries, que traballa na radio local do seu pai en Arkansas, visita a prisión da vila na procura de alguén que participe no seu programa. Alí coñece a Larry Rhodes, un vagabundo borracho e cantante que expresa con descaro todo o que pensa. Impresionada pola súa actitude, Marcia decide levalo ao seu programa de radio.
-
- Cinema
- VO
- 88 minutos
- Repertorio
Alelí
Tras a morte do pai dos Mazzotti, a venda da casa familiar na praia é cousa de tempo. A vivenda, chamada Alelí, leva o nome formado polas iniciais de Alba e Alfredo, Ernesto e Lilián, pero exclúe a Silvana, a irmá máis nova, que chegou tarde para ser parte dese símbolo familiar.
-
- Cinema
- VOSE
- 103 minutos
- Repertorio
Lonelyhearts / Corazóns solitarios
Adam White é un xornalista desesperado por atopar un traballo do seu. Nun bar coñece a Florence, a muller dun editor chamado Shrike, e este ofrécelle un posto na sección de consellos sentimentais do xornal.