Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP4K
    • VOSE
    • +12
    • 89 minutos
    • Estrea

    A moza do coro

    Urška Djukić

    Lucija, unha moza introvertida de 16 anos, únese ao coro feminino do seu colexio católico, onte entabla amizade con Ana-Marija, unha alumna popular e segura de si mesma. Durante un retiro de fin de semana nun convento rural, o interese de Lucija por un atractivo obreiro de ollos escuros porá a proba a súa amizade con Ana-Marija e as demais rapazas.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 110 minutos
    • Repertorio

    The Power of Kangwon Province

    Hong Sangsoo

    Ji-Sook viaxa con dúas amigas á provincia de Kangwon, onde coñecen un policía que as axuda na súa estancia e que inicia unha relación con Ji-Sook. Por outra banda Sang-Kwon, un home casado, vai a Kangwon no mesmo tren cun amigo.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +16
    • 160 minutos
    • Estrea

    Resurrection

    Bi Gan

    Nun futuro no que a maioría da humanidade perdeu a capacidade de soñar, unha muller descobre que un ser extraordinario pode seguir percorrendo os mundos oníricos que os demais xa non poden alcanzar. Empregando o seu poder para adentrarse na mente do ser, accede ás súas visións sobre a historia chinesa, atravesando épocas, cinema e memoria. En cinco capítulos sensoriais, "Resurrección" opera como unha odisea visual sobre o cinema, o soño e a procura da eternidade.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 102 minutos
    • Estrea

    Los sueños que compartimos

    Valentina Leduc

    Comunidades de pobos orixinarios maias cruzan o Océano Atlántico para dialogar con comunidades que actúan en defensa do territorio, a auga, os ríos e os bosques. Esta viaxe fía e contén as historias que conforman a película: o cotián de comunidades que levan a cabo accións para protexer a vida, desde os pobos zapatistas de Chiapas até a aldea de Froxán, en Galicia.