-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +16
- 108 minutos
- Estrea
A invitación.
O matrimonio de Joe e Angela atravesa unha situación moi delicada. Cando invitan aos seus enigmáticos veciños de arriba, Pina e Hawk, a unha cea, a noite toma un rumbo inesperado. Conseguirán reavivar a chispa da súa relación ou será a mecha definitiva que fará estoupar todo?
Presenta
Calendario de eventos
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- +12
- 88 minutos
- Estrea
La voz quebrada
O asasinato do poeta Federico García Lorca en 1936 converteuse nun mito mundial. Durante 90 anos mantívose oculto un nome, unha relación prohibida.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- TP
- 88 minutos
- Estrea
A ovella Shaun: Misión Cabaza
Na véspera de Samaín, a emoción convértese en consternación cando a plantación de cabazas se bota a perder.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 93 minutos
- Repertorio
Rapsodia en agosto
Fonda reflexión sobre o holocausto nuclear de Nagasaki desde o punto de vista dunha supervivente e os seus catro netos. Entre sorrisos e bágoas, a avoa lembra a historia da súa familia e da sociedade xaponesa do seu tempo, tentando comprender mellor o pasado e o presente.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +7
- 131 minutos
- Estrea
Sentido e sensibilidade
As irmás Elinor e Marianne Dashwood vense obrigadas a abandonar a súa finca de Sussex e a mudarse cun parente lonxano, en cuxa casa de campo afrontarán problemas amorosos e económicos.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 110 minutos
- Repertorio
O crepúsculo dos deuses
Joe Gillis é un mozo escritor de segunda fila que, acosado polos seus acredores, se refuxia casualmente na mansión de Norman Desmond, antiga estrela do cinema mudo, que vive fóra da realidade, acompañada unicamente do seu fiel criado Max.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 204 minutos
- Estrea
Aquí
Nun lugar onde todos comezan de novo, sen pasado, Simón faise cargo de David, un neno que coñece durante a travesía cara a unha nova vida. Movido por unha convicción inexplicable, busca a nai do rapaz e recoñece en Inés a muller axeitada para asumir ese papel.
-
A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Sal nas Feridas» de Carolina Carinhas
Carolina Carinhas presenta Sal nas Feridas (Urutau) o venres 6 de novembro ás 19:00h na Libraría NUMAX. A autora estará acompañada polo escritor Xosé Carlos Carracedo. A entrada é libre ata completar aforo.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +12
- 110 minutos
- Estrea
As vitrines
Chile, 1973. Tras o golpe militar de Pinochet, centos de militantes de esquerda latinoamericanos refúxianse na embaixada arxentina á espera dun visado para abandonar o país.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 107 minutos
- Repertorio
Sporloos / The Vanishing / Desaparecida
Rex e Saskia son unha parella neerlandesa que está de vacacións en Francia. Durante unha parada nunha gasolineira, Saskia desaparece misteriosamente sen deixar rastro.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- TP
- 88 minutos
- Estrea
A ovella Shaun: Misión Cabaza
Na véspera de Samaín, a emoción convértese en consternación cando a plantación de cabazas se bota a perder.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 158 minutos
- Repertorio
An Angel at My Table / Un anxo na miña mesa
Janet Frame medra nunha familia humilde de Nova Zelandia e pasa a súa infancia e adolescencia marcada pola timidez, as dificultades para relacionarse e a incomprensión da súa contorna. Diagnosticada erroneamente de esquizofrenia, pasa varios anos internada nun hospital psiquiátrico e sométese a tratamentos que inclúen a terapia electroconvulsiva. A literatura convértese no seu refuxio e na vía para construír unha vida propia, ata acadar o recoñecemento como escritora.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 84 minutos
- Repertorio
Distante Voices, Still Lives / Voces distantes
Liverpool, anos corenta e cincuenta. A través de lembranzas fragmentarias, unha familia obreira revive a súa historia, marcada pola violencia dun pai autoritario, o medo e as dificultades da vida cotiá.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 80 minutos
- Estrea
El milagro + Presentación
Lola e David casaron hai doce anos. A súa viaxe de lúa de mel foi, en parte, unha escusa para emprender un novo proxecto cinematográfico: unha película inviable que vai apoderándose de David a medida que percorren Oriente Medio e a India.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 93 minutos
- Repertorio
Orlando
Orlando é unha criatura melancólica, independente e inmortal que atravesa catro séculos da historia inglesa. Ao longo desta viaxe, pasa de home a muller e explora os misterios da vida, da arte e da paixón, nun percorrido que cuestiona as convencións sociais e a identidade de xénero.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- +12
- 155 minutos
- Estrea
La bola negra
Tres vidas intimamente ligadas por unha das últimas obras, inacabada, de Federico García Lorca.
-
Cecilia F. Santomé presenta «Boundaries Road» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Boundaries Road (Xerais) de Cecilia F. Santomé o martes 10 de novembro ás 10:00h. A autora estará acompañada pola escritora Berta Dávila. A entrada é libre ata completar aforo.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.