Cinema

Paulo Rocha Esencial, 5 obras clave do pai do Novo Cinema Portugués

Foto: Cinemateca Portuguesa
Durante o mes de xaneiro e inicios de febreiro teremos o luxo de gozar en estupendas copias restauradas dunha retrospectiva representativa do cineasta portugués Paulo Rocha (1935-2012). Arrancamos o mércores 4 coa estrea, durante unha semana, d'Os verdes anos, presentada pola cineasta galega Anxos Fazáns.

Do 4 de xaneiro ao 7 de febreiro gozaremos das obras máis representativas de Paulo Rocha, o pai do Novo Cinemas Portugués, en 5 copias restauradas baixo a supervisión de Pedro Costa. A pesar de que a súa obra foi pouco difundida internacionalmente, a importancia do cinema de Rocha é palpable en cineastas contemporáneos como Pedro Costa, João Pedro Rodrigues, Miguel Gomes ou João Salaviza. A súa obra ofrece unha complexa reflexión sobre Portugal, as súas raíces culturais e matrices identitarios.

A viaxe arranca coa estrea, en pases diarios durante unha semana, da súa opera prima, Os verdes anos. A fermosa historia de amor nos arrabaldes de Lisboa entre un aprendiz de zapateiro e unha traballadora doméstica será presentada na sala de cinema pola directora Anxos Fazáns.

A segunda cita co ciclo Paulo Rocha Esencial será coa que para moitos é a súa obra mestra, Mudar de vida, unha película que, en palabras de Pedro Costa «sintetiza o brillo de Hemingway e a luz escura de Faulkner, as frases que matan e a dor que arde sen ser vista». Esta sesión terá lugar o luns 16 de xaneiro e contará con presentación do investigador e profesor da USC Iván Villarmea. A seguir completaremos o ciclo con dúas fermosas homenaxes á cultura xaponesa, moi querida por Rocha: A illa dos amores (martes 24) e A illa de Moraes (martes 31). O ciclo baixa o pano o 7 de febreiro con O río de ouro.

4-10 de xaneiro
Os verdes anos (1963, 91') * Presenta Anxos Fazáns - Martes 4 / 20:00h

16 de xaneiro
Mudar de vida (1966, 94') * Presenta Iván Villarmea - Luns 16 / 19:50h

24 de xaneiro
A illa dos amores (1982, 169')

31 de xaneiro
A illa de Moraes (1984, 102')

7 de febreiro
O río de ouro (1998, 95')