Os verdes anos

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12
  • VOSG

Os verdes anos

Julio, de dezanove anos, chega a Lisboa desde o campo a traballar de zapateiro para o seu tío Raúl. Axiña coñece a Ilda, unha moza do servizo doméstico que visita con frecuencia a zapatería e de quen o seducen a súa independencia e desenvoltura. Ambos comezan un romance que se ve truncado polo choque coa súa realidade cotiá.

Inédita en España, a ópera prima de Paulo Rocha, filmada nun esplendoroso branco e negro, é a punta de lanza do novo cinema luso. «O mellor cinema portugués é herdeiro de Paulo Rocha» (João Bénard da Costa).

Presenta a cineasta Anxos Fazáns | 4 de xaneiro

  • Título orixinal: Os verdes anos
  • Ano: 1963
  • Duración: 89 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: Paulo Rocha
  • Guión: Nuno Bragança, Paulo Rocha
  • Elenco: Rui Gomes, Isabel Ruth, Ruy Furtado, Paulo Renato, Óscar Acúrcio, Ruy Castelar, Alberto Ghira, Cândida Lacerda, Carlos José Teixeira, Rosa María Vázquez
  • Montaxe: Margarethe Mangs, Emília de Oliveira
  • Vestiario: Rafael Calado, Ada Cruz
  • Son: Heliodoro Pires
  • Música: Carlos Paredes
  • Fotografía: Luc Mirot, Elso Roque
  • Produtora: Produçoes Cunha Telles
  • Distribuidora: Atalante
Locarno 1964 (Mellor Ópera Prima)