Viaxa ao Festival de Venecia co 28 Times Cinema
Tes entre 18 e 25 anos? Dominas o inglés? Gústache o cinema e compartir as túas impresións na rede? Se cumpres estas 3 condicións tes unha oportunidade única para ser xurado no Festival de Venecia co 28 Times Cinema, un programa que permite a 28 mozos e mozas de toda Europa acudir ao festival cos gastos pagados para ser xurado da sección Giornati degli Autori. Europa Cinemas, o LUX Prize e Giornati degli Autori veñen de designar, por segunda ocasión, a NUMAX como o cinema español encargado de participar na selección de candidaturas.