Actualidade

Libraría

Ven celebrar o Día das Librarías a NUMAX!

Este venres 11 de novembro unímonos á celebración do Día das Librarías co 10% de desconto en todos os libros tanto en tenda como na nosa páxina web. Na xornada acolleremos dúas sinaturas, estarán con nós Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven «Miguel Hernández», e a escritora Marilar Aleixandre, galardoada co Premio Nacional de Narrativa 2022.

Ver máis

Libraría

É un falar #04 con Luz Pichel e Ángela Segovia: «Ablandar a lingua»​​​​​​​

O ciclo de conversas «É un falar» chega ao seu fin. A Libraría NUMAX acollerá o próximo venres 4 de novembro ás 20:30h da tarde ás poetas Luz Pichel e Ángela SegoviaNo encontro, que leva por título «Ablandar a lingua», ambas falarán sobre as formas non regradas da lingua que empregan para construír as súas voces poéticas e sobre o seu uso como forma de subversión lingüística. Esta actividade está apoiada pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Instituto da Lingua Galega.

Ver máis