O #Cineuropa34 vívese en NUMAX
Un ano máis fainos moita ilusión anunciar que o Cinema NUMAX vai ser unha das sedes principais do 34 Festival Cineuropa, cunha proposta ampla e variada que inclúe obras gañadoras dos principais festivais de cinema de autoría do mundo. Velaquí tedes o detalle do programa para NUMAX que terá lugar do 9 ao 19 de novembro.