Actualidade

Libraría

A Libraría NUMAX participa nas Feiras do Libro de Viveiro e Foz!

A Libraría NUMAX participa este verán na Feira do Libro de Viveiro (do 13 ao 16 de agosto) e na Feira do Libro de Foz (do 20 ao 23 de agosto). Poderedes atopar a nosa caseta nos Xardíns Noriega Varela (Viveiro) e na Praza Conde de Fontao (Foz) e beneficiarvos do 10% de desconto en todos os libros! 

Ver máis

Cinema

Arranca o ciclo de agosto no Nocturama: «Xa están aquí! Fotogramas extraterrestres»

En NUMAX recibimos o mes de agosto dispostas a emprender emocionantes aventuras intergalácticas, explorar novos planetas ou recibir a visita de enigmáticos seres procedentes do espazo exterior. Xa están aquí! Fotogramas extraterrestres é o título do ciclo Nocturama, con sete grandes películas de ciencia ficción que, ao longo das décadas, ten sido empregado como medio de evasión e entretemento, mais tamén como metáfora dun determinado tempo histórico e político.

Ver máis

Cinema

A sala de cinema acolle a proxección de «Vía versus» e un recital da poeta María Salgado

O vindeiro venres 10 de xullo ás 19:00h temos unha cita dobre coa poeta María Salgado que terá lugar no Cinema e na Libraría NUMAX. A xornada arrancará na sala de cinema coa proxección de Vía versus, mediametraxe dirixida a catro mans pola propia María Salgado en colaboración coa cineasta arxentina Clarisa Navas. A sesión arrancará cunha presentación e lectura de poemas a cargo de Salgado. Este pase terá entrada gratuíta e xa podedes reservar butaca na nosa web ou billeteira.
 

Ver máis

Libraría

A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Remover la tierra» de Antonio Sánchez Gómez

A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Remover la tierra (Sigilo) de Antonio Sánchez Gómez este xoves 16 de xullo ás 19:00h da tarde. O autor estará acompañado de Isabel García Vila, integrante da Plataforma Mina Touro - O Pino NON.  Estarán presentes outros colectivos que apoian a presentación como o Sindicato Labrego Galego, Enxeñería sen Fronteiras, Ecoloxistas en Acción e Amigas da Terra. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Cinema

Arranca o Nocturama'26 co ciclo «Primeiros planos. Óperas primas de grandes cineastas»

As óperas primas teñen algo moi especial. Adoitan ser rabiosas, apaixonadas, impulsivas e imperfectas, con esa ilusión única do primeiro plano por rodar ou a primeira historia por contar. O Nocturama'26, ciclo co que cada ano amenizamos as noites de verán, leva por título Primeiros planos e reunirá, durante o mes de xullo, algúns dos debuts máis abraiantes da historia do cinema.

Ver máis