Jesús Castro presenta «Os nomes e os himnos» na Libraría NUMAX
O poeta Jesús Castro Yáñez (Baltar, A Pastoriza, 1992) achegarase á Libraría NUMAX para presentar o seu poemario Os nomes e os himnos, editado por Espiral Maior, co que obtivo o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé en 2015. Na presentación Castro Yáñez estará acompañado pola poeta Olalla Cociña. O acto terá lugar o xoves 30 de xuño ás 20:00.
(Foto: Lara Dopazo)
O xurado do Premio Xosemaría Pérez Parallé, integrado por Estíbaliz Espinosa, Fran Cortegoso e Estevo Creus salientou que Os nomes e os himnos “conforma un libro orgánico, con vontade de medrar en cada parte (desde o Nome ao Himno) e unha procura metafísica a través da lingua literaria. O tema da identidade a través do nomeamento do mundo, a sonoridade líquida da lingua e o uso dunha linguaxe clara para unha poesía que camiña por territorios que poden soar familiares (o xardín, o río) mais rozando certa abstracción. Unha poesía fonda e de teor filosófico que adentra en preguntas sobre o ser e o territorio. A voz do libro é unha voz limpa e nova, mais cunha madurez lírica considerable.”
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Bird
VOSG
-
-
As margaridas
VOSE