O Palestine Cinema Days Around the World vívese en NUMAX
NUMAX súmase á iniciativa internacional posta en marcha en solidariedade co festival Palestine Cinema Days que, desde o 7 de outubro do ano pasado, non pode celebrarse en terras palestinas pero atopa acubillo en 171 pantallas repartidas por todo o mundo. No noso caso, proxectaremos o filme The Wanted 18 (المطلوبون ال 18) o sábado 2 de novembro ás 12h, nun acto presentado por Mª Soliña Barreiro, profesora de Comunicación Audiovisual e colaboradora da iniciativa.
O festival Palestine Cinema Days interrompeu a súa celebración o pasado ano polo inicio do xenocidio, a limpeza étnica e a intensificación da ocupación territorial iniciada por Israel tras o 7 de outubro. As salas palestinas apagaron os proxectores pero 171 pantallas arredor do mundo collen o testemuño para dar continuidade ao festival en 41 países. Desde NUMAX ofrecemos a nosa pantalla para que o Palestine Cinema Days poida vivirse en Santiago de Compostela neste 2024.
O sábado 2 de novembro ás 12h proxectaremos The Wanted 18 (المطلوبون ال 18), un filme de Amer Shomali e Paul Cowan que reflicte a resistencia de Beit Saour, unha vila palestina que, durante o levantamento de 1987 e grazas a 18 perigosas vacas, foi quen de defender a súa autonomía alimentaria fronte a dependencia do leite israelí. Filmado con humor e paixón a fita combina animación e acción real e na súa estrea en 2014 chegou a festivais internacionais como o de Toronto. A sesión contará coa participación de Mª Soliña Barreiro, profesora de Comunicación Audiovisual e colaboradora da iniciativa. As entradas son de balde e poden adquirirse na nosa web ou na billeteira da sala.
A proxección celébrase o 2 de novembro conmemorando a aciaga declaración Balfour, que en tal data de 1917, formalizou a promesa do Secretario do Ministerio de Asuntos Exteriores Británico, Arthur James Balfour, da terra palestina como espazo para un “fogar nacional para o pobo xudeu”, satisfacendo así ao sionismo nas súas aspiracións de colonialismo de asentamento.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Emilia Pérez
VOSE
-
-
A luz que imaxinamos
VOSE
-
-
Bird
VOSG