Ornitoloxía literaria: censo de aves con Ignacio Munilla e Nacho Lapeña

O mércores 29 de outubro ás 19h celebraremos un censo das aves que viven nos libros da Libraría NUMAX con Ignacio Munilla e Pancho Lapeña, coincidindo coa 3ª edición da Guía definitiva das aves da Galiza. Podes traer as aves dos teus libros para participar do censo. A entrada é libre ata completar aforo.
Un censo de aves nunha libraría? Iso é, nin máis nin menos, o que imos facer. Un censo para descubrir as aves que viven nas portadas dos libros da Libraría NUMAX. Novela, poesía, ensaio, teatro... En todo tipo de publicacións literarias é posible atopar aves nas portadas, mais, por que estarán aí? Son as portadas dos libros un hábitat preferente para as aves?
E que paxaro será ese que aparece na portada dese libro que tan caro é ao teu corazón? Achégate co exemplar e trataremos de identificalo.
Con esta aventura ornitolóxico-literaria queremos conmemorar, 13 días despois da celebración do Día das Aves, a saída da 3ª edición da Guía Definitiva das Aves da Galiza, a recreación dunha obra central do imaxinario ornitolóxico galego. Unha guía perdida, culta, naif e definitiva.
- Hoxe
- Ver máis