María Sanchéz presenta «Fuego la sed» na Libraría NUMAX
María Sanchéz estará na Libraría NUMAX o próximo venres 12 de abril ás 19h00 para presentar o poemario Fuego la sed editado pola La Bella Varsovia. Na presentación a autora estará acompañada pola cantante Faia Díaz. A entrada é libre ata completar aforo.
Un corpo habita un lugar: un corpo coas súas circunstancias e a súa historia, nun lugar tamén coas súas circunstancias, tamén coa súa historia. Ese lugar non é un decorado, porque ten a vida das pantasmas e as estrelas fugaces, a seca, a herba, un rabaño de cabras, as pegadas que deixa na terra todo o que tamén foi. Nos poemas de Fuego la sed toman a palabra os corpos e os lugares para contarnos a historia dun perigo: o que axexa a un mundo —o noso— que se extingue. María Sánchez escribiu un libro militantemente político, militantemente lírico, sobre a nosa relación coa nosa contorna: sobre a forma na que as decisións humanas repercuten no curso dun arroio ou no voo dun paxaro, sobre a desmemoria pola que nos impoñemos ao territorio, e borramos a posibilidade doutras experiencias.
A publicación de Cuaderno de campo, o primeiro libro de poemas de María Sánchez, supuxo unha revolución na nosa literatura: unha visión do medio rural lonxe dos estereotipos, que abriu camiños e expuxo un debate. En tempos de emerxencia climática, Fuego la sed alarga a conversación, reflexiona e inclúenos, apela a escoita para o coñecemento propio. Bello e sutil, á vez rotundo e poderoso, en Fuego la sed falan os que nos empeñamos en nunca oír.
María Sánchez (Córdoba, 1989) é veterinaria e traballa con razas autóctonas en perigo de extinción, defendendo outras formas de relación coa terra como a agroecoloxía, o pastoreo e a gandería extensiva. Publicou os poemarios Cuaderno de campo e Fuego la sed, o ensaio Tierra de mujeres e Almáciga, un pequeno viveiro de palabras do medio rural das diferentes linguas do noso territorio. Os seus poemas foron publicados en revistas e antoloxías, e traducíronse ao alemán, eslovaco, francés, inglés, italiano, polaco, portugués e romanés. Colabora co suplemento Comer de La Vanguardia e coordina os proxectos Almáciga, que alarga o libro homónimo, e Las entrañas del texto, con reflexións sobre o proceso de creación. Entre outros, obtivo os premios Orgullo Rural 2019 da Fundación de Estudos Rurais, Nacional de Mocidade 2019 na categoría de Cultura, Fademur 2019, Fundación Princesa de Xirona 2021 na categoría de Artes e Letras, e a Medalla de Andalucía ao Mérito Ambiental 2023. Gozou das residencias literarias de Villa Waldberta (2021) e Escrita no remoto (2023). Vive nunha aldea en Galicia. (Imaxe de Jose||González.)
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Bird
VOSG
-
-
As margaridas
VOSE