Jorge Guitián presenta «Comer con los ojos» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Comer con los ojos (España) de Jorge Guitián o xoves 17 de setembro ás 19:00h. O autor estará acompañado polo historiador da arte Miguel Ángel Cajigal (@elbarroquista). A entrada é libre ata completar aforo.
Do lenzo ao prato: a historia da arte contada a través da gastronomía.
Unha laranxa nun bodegón pode contar un conflito xeopolítico e a imaxe dunha copa de viño ten a capacidade de converterse na porta de entrada a un mundo de significados simbólicos antigos. A representación dunha sopa pode explicar un mundo, unha cosmogonía, unha forma de vida.
A gastronomía impregnou toda a historia da arte. O que comemos e como lo facemos fala de nós, ao igual que os pratos, os ingredentes e os utensilios que encontramos nas pinturas ou o feito de que o cociñeiro leve unha chaqueta branca, un delantal de raias ou unha camiseta negra. Aí están a nosa historia e a nosa cultura, como o estivo noutros teempos e noutros lugares nos que a comida, a bebida e a forma de relacionarse ao redor da mesa estiveron sempre presentes, cargados da capacidade de contar historias.
Jorge Guitián é historiador da arte e xornalista. Escribe desde 2004 sobre gastronomía e turismo gastronómico en medios como a Guía Repsol, a guía CN Traveler, Vanity Fair, «El Comidista» (El País) ou La Vanguardia. Antes, traballou como técnico superior para diversas instituciones no ámbito da arquitectura e as artes plásticas e especializouse en xestión do patrimonio cultural. Traballou baixo a dirección de Ferran Adrià nun proxecto expositivo na BNE e foi recoñecido co Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro. En 2026 publicou o seu primeiro libro, De lentejas y caviar (Col&Col).