Hugo Clemente presenta «Doc Caribbean. Memoria viva del monopatín» na Libraría NUMAX
Hugo Clemente estará na Libraría NUMAX para presentar Doc Caribbean. Memoria viva del monopatín (Colectivo Bruxista) o vindeiro mércores 17 de abril ás 19h00. Na presentación estará acompañado polo protagonista do libro, o skater Doc Caribbean. A entrada é libre ata completar aforo.
No outono de 1975, mentres un país esperta dun pesadelo, un mozo pasea por Novos Ministerios nun Seat 133 cargado de material de cores imposibles e plásticos ultradeslizantes coma se cargase o cofre do outro lado do arco da vella. Había pouco tempo que o monopatín chegara a España, pero José Antonio, ao que ninguén aínda chama Doc Caribbean, xa levaba tempo patinando e sabíao todo sobre aquel estraño obxecto chegado de California. Non tardará en cambiar o utilitario por un pequeno espazo na rúa Columela que co tempo se converterá en Caribbean Shop, a primeira tenda dedicada ao skate do Estado español e unha das máis lonxevas do mundo. Xa sexa subido a unha táboa ou detrás dun mostrador, Doc asistirá ao desenvolvemento dunha subcultura fundamental e converterá a súa tenda nun santuario para todo tipo de tribos urbanas de convivencia improbable, como rapeiros, pijos e bakalas.
Neste ensaio, Hugo Clemente rastrexa a traxectoria de Doc e Caribbean para construír unha historia oral da cultura do monopatín no noso país. O resultado é unha xenealoxía subcultural patria, pero tamén un testemuño da forza inextinguible da paixón. Hoxe, Doc segue patinando. Porque como dixo Jay Adams: «Non deixas de patinar cando te fas vello, vale?; faste vello cando deixas de patinar».
Hugo Clemente é Licenciado en Psicoloxía Social e Máster en ensinanza de español como lingua estranxeira. Impartiu clases de español e estudios culturais en Boston College, Boston University, Tufts University e na Universidade de Santiago de Compostela. Coordinou a Escuela Canaria de Creación Literaria e foi instrutor de surf e snowboard. Impartiu talleres de escritura creativa en diferentes cidades españolas, Nova York, Boston e Stamsund (Noruega). Publicou as novelas Cuaderno de Agua (2012) e Fast (2019).
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Bird
VOSG
-
-
As margaridas
VOSE