Emiliano Zecca presenta «El humo, la patria o la tumba» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro El humo, la patria o la tumba (Random House) de Emiliano Zecca o xoves 30 de abril ás 19:00h. O autor estará acompañado pola profesora de dereito da Universidade de Santiago, Ana Rodríguez Álvarez. A entrada é libre ata completar aforo.
Emiliano Zecca (Frei Bentos, Uruguai, 1985). É xornalista no programa radial No toquen nada desde hai unha década. É coautor do libro Figueredo. A la sombra del poder (Aguilar, 2016), que investiga a vida, os negocios e o xuízo ao expresidente da Conmebol, condenado por estafa e lavado de activos. Antes traballou nos portais de noticias 180 e Observa. Ademais publicou nos diarios El Observador e La Diaria..