Branca Trigo Cabaleiro presenta «especies invasoras» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro especies invasoras (Espiral Maior) de Branca Trigo Cabaleiro o xoves 10 de setembro ás 19:00h. A autora estará acompañada polo poeta Jesús Castro Yáñez. A entrada é libre ata completar aforo.
Branca Trigo Cabaleiro (Vigo, 1997) codirixe Edicións Malafera, onde publicou varios fanzines e poemarios coma Mundo Carne (2025). A súa obra aparece en revistas e publicacións colectivas, e foi recollida na antoloxía bilingüe Vomitei Deus (Eolas, 2025). Foi recoñecida con premios de poesía coma o do Concello de Carral ou o da Universidade de Vigo. O seu traballo afonda na monstruosidade da poesía vinculada ás identidades subalternas.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Prometido o ceo
VOSE
-
-
Erupcja
VOSE
-
-