Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Ramón Otero Pedrayo. Arredor de si, 50 anos despois

Coincidindo co 50 aniversario da morte de Otero Pedrayo, o 10 de abril de 1976, e a declaración de 2026 como “Ano do escritor de Trasalba” polo Parlamento de Galicia, Teófilo Edicións ven de publicar, na súa colección de grandes persoeiros das Letras, dous libros dirixidos a un amplo abano de lectores, dos que é autor o escritor e xornalista Paco López-Barxas. Por un lado, “Ramón Otero Pedrayo, arredor de sí” é unha edición de luxo, ilustrada polo debuxante e caricaturista Siro López, que foi elexido precisamente como Ilustrador do Ano pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

López-Barxas rescata nestes libros as mesmas claves que xa utilizara nas recentes edicións de “Castelao entre Nós” e “Os soños de Daniel”, con motivo do recente Ano do escritor e político de Rianxo. Esto é, unha proposta ficcionada a través dun relato artellado de xeito coloquial, coa finalidade de aproximar a personalidade humana e literaria de Otero Pedrayo nun diálogo fecundo cos lectores. É así como o autor fai falar a Otero Pedrayo da súa vida e da súa obra sen esquecer o seu pensamento, o que din e o que contan os seus propios coetáneos e amigos.
  • Editorial: Teófilo Ediciones |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 979-13-990738-8-1 |