Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]
Ramón Otero Pedrayo. Arredor de si, 50 anos despois
Coincidindo co 50 aniversario da morte de Otero Pedrayo, o 10 de abril de 1976, e a declaración de 2026 como Ano do escritor de Trasalba polo Parlamento de Galicia, Teófilo Edicións ven de publicar, na súa colección de grandes persoeiros das Letras, dous libros dirixidos a un amplo abano de lectores, dos que é autor o escritor e xornalista Paco López-Barxas. Por un lado, Ramón Otero Pedrayo, arredor de sí é unha edición de luxo, ilustrada polo debuxante e caricaturista Siro López, que foi elexido precisamente como Ilustrador do Ano pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
López-Barxas rescata nestes libros as mesmas claves que xa utilizara nas recentes edicións de Castelao entre Nós e Os soños de Daniel, con motivo do recente Ano do escritor e político de Rianxo. Esto é, unha proposta ficcionada a través dun relato artellado de xeito coloquial, coa finalidade de aproximar a personalidade humana e literaria de Otero Pedrayo nun diálogo fecundo cos lectores. É así como o autor fai falar a Otero Pedrayo da súa vida e da súa obra sen esquecer o seu pensamento, o que din e o que contan os seus propios coetáneos e amigos.

- Editorial: Teófilo Ediciones |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 979-13-990738-8-1 |