Actualidade

Cinema

Arranca o Centenario Maurice Pialat coa reestrea de «Aos nosos amores»

O gran protagonista do verán de NUMAX vai ser Maurice Pialat, un dos outsiders clave do cinema post-Nouvelle Vague, de quen se cumpre neste 2025 o centenario do seu nacemento. O ciclo arranca este venres 4 de xullo coa estrea durante unha semana do extraordinario coming-of-age Aos nosos amores, ao que seguirán, en pases dobres en venres e sábado, as obras que completan a súa filmografía. Xa se poden reservar as entradas para todas as sesións do mes de xullo.

Ver máis

Libraría

«Debuxar a memoria»: encontro coa ilustradora Ana Penyas na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle «Debuxar a memoria: narrativa gráfica e investigación social», unha conversa con Ana Penyas, Premio Nacional de Cómic 2018, o xoves 10 de xullo ás 19:00h. A ilustradora dialogará cos espcialistas en antropoloxía Íñigo Sánchez-Fuarros e Cristina Sánchez-Carretero. Esta actividade está dentro do ciclo «Charlas con xeito» do Incipit-CSIC. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Todas as novas