Transparencia

NUMAX é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, polo que:

  • Non pode contar con cargos directivos retribuídos.
  • Non pode repartir o excedente económico entre as persoas socias, todo se reinviste na cooperativa.
  • Non pode retribuír o capital social achegado nunha porcentaxe superior ao xuro legal do diñeiro.
  • Non pode retribuír o traballo das socias con importes superiores nun 50% aos salarios establecidos nos convenios laborais de referencia.

A cooperativa ten percibido distintos apoios e financiamento público e só conta con financiamento externo da cooperativa de servizos financeiros Coop57, da que é socia. O saldo vivo das débedas financeiras a finais de 2024 ascendía a 103.617,20 euros.

A propiedade é colectiva, ríxese polo modelo democrático unha socia, un voto. Aposta por unha organización horizontal, sen xerarquías e cun reparto equilibrado de responsabilidades.

O volume de ingresos da cooperativa en 2024 ascendeu a 747.253,41 euros e obtivo un resultado provisional de 4.829,27 euros. Os Fondos Propios da cooperativa ascenden a 235.874,34 euros.

Guíase pola máxima de a igual traballo, igual retribución. As diferenzas entre socias traballadoras son mínimas e atenden a criterios obxectivos. Non pode existir unha diferenza superior ao 25% entre a retribución das socias e a da traballadora co salario máis baixo.

Resumos anuais de actividade

Resumo anual

O top ten de 2025 para as traballadoras de NUMAX

Non queriamos cambiar de ano sen compartir as listas do mellor de 2025 para as traballadoras de NUMAX, incluíndo libros e filmes. Entre as cineastas máis repetidas destaca Lucrecia Martel, seguida de Kelly Reichardt, Kleber Mendonça Filho, Paulo Carneiro, Radu Jude ou Paul Thomas Anderson, e nas escritoras Aysegül Savas.

Ver máis

Resumo anual

Repaso ao máis destacado de 2025 na Cooperativa NUMAX

Vén de rematar un 2025 cheo de actividades e encontros felices na cooperativa NUMAX e, como cada ano, facemos un repaso ao máis destacado nos últimos 365 días. Moitas grazas por facelo realidade co teu apoio e participación!

Ver máis

Resumo anual

Repaso ao máis destacado de 2024 na Cooperativa NUMAX

[Ilustración: Pepa Prieto]

O 2024 que vimos de rematar foi un ano cheo de encontros e actividades na Libraría, o Cinema e o Laboratorio NUMAX. Como todos os anos nestas datas, compartimos un pequeno percorrido polo máis destacado dos últimos 366 días na vida da cooperativa. Moitas grazas por facelo posible co voso apoio e participación!

Ver máis

Ver máis