Libraría

PAPEL E PRATA #03 «Acontecementos íntimos», con Inés García e Paula Ducay

Celebramos a terceira conversa de PAPEL E PRATA con Inés García e Paula Ducay sábado 26 de setembro ás 12:00h na sala de cinema con un encontro que leva por título «Acontecementos íntimos». Esta actividade está comisariada pola Libraría NUMAX e subvencionada pola Deputación da Coruña. A entrada para asistir é gratuíta até completar aforo. O aforo está completo, para entrar en lista de agarda escribe a [email protected] indicando nome, apelidos e número de teléfono.

Inés e Paula abordarán nesta conversa a idea de "Paraíso": Concebimos o "Edén" como algo meramente espiritual e abstracto ou como algo material? Por que os humanos buscaron sempre un paraíso na terra? Que implicacións ten a idea de "terra prometida" para un pobo elixido? Cal é a promesa que encerra o pensar que existe un lugar ideal, virxinal e cheo de abundancia? Co seu habitual rigor e frescura, García e Ducay pensarán sobre como a idea de paraíso e territorio sagrado se utilizou para xustificar e lexitimar a conquista de territorios, as inxustizas contra pobos orixinarios, as expansións territoriais de países e como en estas cuestións se mesturan elementos do sagrado e relixioso con elementos propios do ámbito político e moral. Para elaborar este percorrido serviranse de exemplos históricos, reflexións filosóficas e outros artefactos culturais como libros e películas.

Inés García e Paula Ducay comezaron en 2021 unha newsletter na que compartían temas que lles interesaban e que estaban relacionados coa filosofía, o amor e a cultura. Uns meses máis tarde, lanzaron o seu proxecto estrela, o podcast Punzadas Sonoras, onde a partir do libro Fragmentos de un discurso amoroso, de Roland Barthes, exploran diversos temas culturais cun ton fresco e ameno. Colaboraron con distintos medios como a Cadena SER, El Cultural, elDiario.es, Público, Carne Cruda e El Orden Mundial, e institucións como o Ministerio de Cultura, o Círculo de Bellas Artes, CaixaForum e distintas universidades y bibliotecas públicas.

Inés García é graduada en Filosofía pola UAM, nun Mestrado en Ética Aplicada pola UCM e outro Mestrado en xestión cultural e innovación social na UCM. Naceu, medrou e sigue vivindo (cando pode escapar de Madrid) entre Arnedillo (La Rioja), Vellosillo (Soria) e Gilbuena (Ávila). Inés considera importante recordar de onde vimos e defender as periferias, coidar o territorio e pensar propostas para unha nova ruralidade. Encántalle ler ensaios e teses, pensar sobre a xustiza espacial, perderse nos faiales, comer gambas, o porto de Oncala e quedar a almorzar coas súas amigas.

Paula Ducay é graduada en Filosofía e Mestrado en Edición pola UAM. Desde nena cultivou paixón e interese polo mundo dos libros e contribúe profesionalmente ás súas diversas ramas como escritora, editora e tradutora. En febreiro de 2024 publicou a súa primeira novela, La ternura (Altamarea Ediciones). Paula sempre ten frío, bebe moito té e está obsesionada coa serie Mad Men. Gústalle moito o xénero do conto e a narrativa norteamericana do século XX, aínda que le todoo que atopa. A súa bebida favorita é a sidra e non pode sair da casa sen o seu reloxo.