Libraría

Helena Salgueiro e Branca Trigo presentan «Amor palimsesta» e «Mundo carne» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a copresentación dos libros Amor palimpsesta (Espiral maior) de Helena Salgueiro e Mundo carne (Malafera) de Branca Trigo o xoves 22 de xaneiro ás 19:30h. Este evento celébrase no marco da actividade da Asociación Aleph, coorganizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA), que leva por título "Restos de letra e carne: memoria, creación e materia poética. Conversa e recital con Helena Salgueiro e Branca Trigo". Pódese consultar aquí o programa completo. A entrada é libre ata completar aforo.

Helena Salgueiro, nada no 1995, directora escénica, poeta, performer, dramaturga e investigadora. O seu interese pola intermedialidade lévaa a estudar literatura e teoría literaria, danza, dramaturxia, música, violín e teatro físico en universidades, conservatorios, escolas de danza e cursos de compañías de teatro entre Galiza, Francia, Escocia, Dinamarca, Polonia. O seu traballo focalízase na performatividade do corpo e do xénero a través do movemento e a linguaxe, flutuando entre creacións máis escénicas, a escritura e a performance art. Inicia a andadura da súa propia compañía no 2022, na que dirixe e actúa, estreando a coprodución co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro do Alentejo de Come & Go. No traballo da escrita, Helena Salgueiro publicou dous poemarios e unha obra de teatro, ademais de traducir a Kieran Hurley ao galego e participar en publicacións académicas e antoloxías de poesía galega contemporánea. Imparte workshops e da conferencias en distintas universidades, festivais e museos (UDC, USC, UCLM, CGAC, Curtocircuíto etc.). Amor palimpsesta (Espiral maior), XXIV Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, é o seu último poemario.

Branca Trigo (Vigo, 1997) Codirige la editorial Malafera, en la que publicó su libro Coñecemento do Medo en 2021, y organiza xunto con otres autores el micro abierto Cerimonia de gaivotas. Su segundo poemario, Condolore, vió la luz el año 2022 de la mano de la editora Urutau. Participó en diversas publicaciones colectivas como el volumen A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023) y la antología LGBTQIA Alguén nos lembrará (Xerais, 2023); y ha ganado certamenes de poesía como el del Concello de Ames y de la Universidade de Vigo.