A Libraría acolle a presentación de «Ninfa pobre» de Maite Dono
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Ninfa pobre (La uÑa RoTa) de Maite Dono o venres 22 de maio ás 19:00h. A autora estará acompañada pola poeta Luz Pichel. A entrada é libre ata completar aforo.
Este libro de Maite Dono é o regreso da autora á poesía despois da publicación, fai trece anos, de Sobras (El Gaviero, 2013). Maite Dono, recoñecida tamén pola súa faceta de actriz, cantante e compositora, foi referente da poesía española de finais dos noventa e primeira década dos dous mil. Poeta admirada por autoras como Luz Pichel, Lupe Gómez, Ángela Segovia, María Salgado ou Luna Miguel, o seu regreso á poesía con Ninfa pobre supón un motivo inexcusable de celebración.
Maite Dono (1969) é poeta e música. Publicou os poemarios Manta de sombra (Libertarias/Prodhufi, 1996), O mar vertical (Espiral Maior, 2000), Desilencios (Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 2004), Circus girl (El Gaviero, 2009) e Sobras (El Gaviero, 2013). En 1998 debutou como solista co disco Corazón de Brief, en homenaxe ao cantautor galego Emilio Cao. O seu segundo álbum, O mar vertical (2001), acompañada tamén polo pianista Manuel Gutiérrez, inclúe cancións propias. En 2010 formou co músico e contrabaxista Baldo Martínez o grupo Sons-Nús, concebido como un dúo de peregrinación artística aberto á recollida e á investigación. O seu primeiro traballo publicouse en 2011 e leva por título Sons-Nús, a partir de poemas de Uxío Novoneyra.
- Hoxe
- Ver máis