Cinema

Carta branca a Ángel Santos con filmes de Antonioni, Ford, Sangsoo e Rohmer

Co gallo da estrea en cines da nova película de Ángel Santos, convidamos o cineasta pontevedrés a programar unha Carta branca na que poder seleccionar e presentar na sala 4 obras esenciais na súa formación cinematográfica e na concepción de Así chegou a noite. Arrancamos o 4 de maio con A aventura, de Antonioni.

Estamos moi felices de presentarvos a Carta branca a Ángel Santos, un ciclo que se desenvolverá os luns do mes de maio e cuxas películas nos permitirán coñecer de primeira man as referencias, as inspiracións e as imaxes que reverberan en Así chegou a noite.

Programación do ciclo

Luns 4 de maio | 21:20h
A aventura (L'avventura, Michelangelo Antonioni, 145', 1960)
Anna, unha rica moza romanesa, o seu noivo e Claudia, a súa mellor amiga, embárcanse nun cruceiro estival entre as escarpadas illas sicilianas. Unha das obras mestras do gran Michelangelo Antonioni e, por extensión, do cinema moderno.

Luns 11 de maio
Paixón dos fortes (My Darling Clementine, John Ford, 97', 1946)
A Wyatt Earp, antigo sheriff de Dodge City, ofrécenlle o posto de comisario da cidade de Tombstone, pero rexéitao porque lle interesa máis o negocio de gandeiro ao que se dedica cos seus irmáns. Porén, cando un deles morre asasinado, acepta o posto vacante e nomea axudantes aos seus irmáns. Contará coa amizade e a colaboración dun xogador e pistoleiro chamado Doc Holliday.

Luns 18 de maio
The Power of Kangwon Province (Kangwon-do ui him, Hong Sangsoo, 110', 1998)
Ji-Sook viaxa con dúas amigas á provincia de Kangwon, onde coñecen un policía que as axuda na súa estancia e que inicia unha relación con Ji-Sook. Por outra banda Sang-Kwon, un home casado, vai a Kangwon no mesmo tren cun amigo.

Luns 25 de maio
A muller do aviador (La femme de l'aviateur, Éric Rohmer, 104', 1981)
François, un mozo estudante que traballa de noite, sospeita que a súa moza, Anne, estase a ver con outro home. Comeza a seguir o suposto amante, un aviador ao que encontra con outra muller. Durante a súa espionaxe, François coñece unha moza que o axudará a encontrar unha explicación a esta confusa situación. Primeiro filme da serie "Comedias e proverbios" de Rohmer