Javier Tolentino presenta «Un blues para Teherán»
Este venres 9 de xullo temos o pracer de recibir a visita de Javier Tolentino, que ofrecerá presentación e coloquio da súa opera prima: Un blues para Teherán. Xa se pode reservar entrada na nosa web.
Este venres 9 de xullo temos o pracer de recibir a visita de Javier Tolentino, que ofrecerá presentación e coloquio da súa opera prima: Un blues para Teherán. Xa se pode reservar entrada na nosa web.
A terceira cita do ciclo «Intemperiadas, correspondencias interartes con Xela Arias» chega o próximo sábado 17 de xullo ás 13:30h coa ceramista Paula Pereira coa intervención que leva por título «galope corazón». Esta actividade está comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.
A escritora e profesora Teresa Moure visitará a Libraría NUMAX para a presentación do seu libro «Sopas New Campbell» (Cuarto de Inverno, 2020). O acto celebrarase o próximo martes 6 de xullo ás 19:30 da tarde e nel, a autora, estará acompañada do filósofo e escritor Brais Arribas.
A Libraría NUMAX acolle o próximo xoves 1 de xullo ás 19:30h un encontro literario coas poetas Oriana Méndez e Ruth Llana, dúas importantes voces da poesía galega e asturiana. Esta actividade realizase dentro do marco do programa de animación lectora Afinidades Electivas. Encontros literarios en Librarías.
Un ano máis, somos sede e entidade colaboradora do Cinefórum Social de Compostela + Solidaria, organizado pola Coordinadora Galega de ONG e financiado polo Concello de Santiago. Este ano o ciclo componse de 2 sesións de curtametraxes de temática social, ambiental e de xénero, que se celebrarán os mércores 9 e 16 de xuño.